A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic)convoca subvencións para a promoción e difusión do cinema galego en 38 festivais de prestixio nacional e internacional celebrados entre o 1 de decembro de 2017 e o 30 de novembro do 2018. Na convocatoria da liña de axudas, dotada con 30.000 euros, destacan os festivais da Berlinale, Shangai (China), Karlovy Vari (República Checa), Biennale de Venecia (Italia), Sundance de Nova York (EE UU), San Sebastián, Xixón, Málaga, Valladolid, Sevilla e Sitges.