O libro-CD de Carmen Penim aglutina a 27 persoas con historias das verdadeiras protagonistas que sobreviviron e está acompañdo dunha curtametraxe, "Bucle", de Margarita Ledo.

En "Herdeiras" colaboran netas, netos e fillas de represaliados da guerra e a posguerra, poetas que trataron o tema da represión de mulleres e expertos sobre o tema. "Ía polo río arriba e parecíame que conectaba con elas [polas mulleres represaliadas], chegábanme ideas e doíanme moito", asegurou onte Penim. Por iso, tivo que contar co primeiro poema que asinou Helena Villar.

No libro-disco pódese escoitar a música de Carmen Penim sobre poemas dela (Helena Villar), de Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val -cunha dramática historia aconteecida en Tui- e Marta Dacosta, ademais de letras da mesma Carmen. A parte do libro conta con gráfica de Númax, fotografía de Xoán Piñón e artigos sobre as protagonistas: as mulleres que sobreviviron e resistiron á guerra e a posguerra. Intervén tamén o director de cine Xan Leira.

Asina o prólogo a filla de Alexandre Bóveda, Amaia, e vicepresidenta da Fundación que leva o nome do seu pai. E tamén se inclúen os nomes de escritores como Luis Bará. Entre outros valiosos testemuños, o historiador Xesús Alonso Montero escribe sobre a encarcerada en Tui, Josefa García Segret. Tamén o artista, pero tamén neto de Darío Álvarez Limeses, Xosé María Álvarez Cáccamo. E na memoria das guerrilleiras, tamén escribe a investigadora Aurora Marco.

Tamén inclúe o traballo a impronta da investigadora histórica e memorialista María Torres, onte presente na sala.