Kiss e Scorpions foron as bandas confirmadas este venres como cabezas de cartel da décimo terceira edición do Resurrection Fest Estrella Galicia, que se celebrará en 2018 do 11 ao 14 de xullo no seu emprazamento habitual de Viveiro (Lugo).

A organización do festival galego fixo este anuncio a través dun vídeo compartido en redes sociais onde tamén se confirma a presenza de Stone Sour, Ministry, At The Gates, Anti-Flag, Overkill, Alestorm, Stick to your guns e The art is murder.

As entradas estarán á venda ao prezo actual até o vindeiro martes 21 de novembro ás 23.59 horas. As entradas diarias poranse tamén á venda o luns 20 de novembro ás dez da mañá. De momento, na listaxe completa figuran KISS, Scorpions, Stone Sour, Ministry, At The Gates, Anti-Flag, Overkill, Alestorm, Exodus, Riot Propaganda, Zebrahead, Saint Vitus, Suffocation, Thy Art Is Murder, Cancer Bats, Evergreen Terrace, Stick To Your guns, The Qemists, Leprous, Voodoo Glow Skulls, Rise of the Northstar, Igorrr e Stoned Jesus, entre outros.