A escritora e académica da RAG, Xohana Torres, nacida en Santiago de Compostela en 1931, finou esta tarde en Vigo aos 85 anos de idade.

A súa é unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra, cuxa obra abrangue a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil.

A autora contribuíu co seu labor como escritora, mais tamén outros espazos como o radiofónico, á reconstrución cultural de Galicia e á defensa da súa lingua.

O seus restos serán velados no tanatorio Vigomemorial e logo serán incinerados na intimidade familiar.

Xohana Torres naceu en Compostela o 22 de novembro de 1931 e criouse en Ferrol, onde estaba destinado como mariño o seu pai, pero as súas raiceiras están tamén nas terras do Avia, onde a súa avoa materna, Lola, lle aprendeu a fala galega máis íntima e a cultura popular.

A ela está dedicado o derradeiro libro de Xohana Torres, Elexía a Lola (2016), unha versión ampliada e enriquecida da homenaxe que xa lle rendera en Estación ao mar (1980).

A edición inclúe un anaco de Eu tamén navegar, o discurso co que Xohana Torres ingresou na RAG como académica de número no ano 2001, cando ingresou a proposta de Xosé Luis Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño. Precisamente esa frase está presente nos seus derradeiros momentos.

A vocación literaria de Xohana Torres manifestouse cedo. Animada por Ricardo Carballo Calero, o seu profesor de Historia e Literatura no bacharelato, publicou en 1953 un dos seus poemas, "Nai", na revista Aturuxo, máis adiante recollido no seu primeiro libro.

En 1955 recibiu o primeiro premio de poesía da Asociación da Prensa de Vigo, que compartiu con Celso Emilio Ferreiro, por outro poema, "A nosa primavera: toxos", que compartiu con Celso Emilio Ferreiro, e en 1957 publicou o seu primeiro libro, Do sulco (1957), que inaugurou a colección de poesía Illa Nova de Galaxia, creada inicialmente para acubillar as novas voces das letras galegas.

Ese mesmo ano, estudiou Filosofía y Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde intensificou o seu apego pola lingua.

Como poeta, pertenceu á xeración das Festas Minervais. Na súa obra teatral, vinculada ao grupo Teatro Estudio, para o que escribiu "Un hotel de primeira sobre o río", co que consegiu o Premio Castelao de Teatro galego en 1966. En 1972 recibiu o Premio Pedrón de Ouro pola súa labor cultural en pro da Galia.

Como poeta, publicou tamén Estación ao mar (1980), Premio da Crítica española en 1981, Tempo de ría (1992) e Poesías reunidas (1957-2001), así como Elexía a Lola(2016). Como dramaturga, cómpre salientar as súas contribucións ao teatro da posguerra con A outra banda do Iberr (1965), gañadora do Premio Castelao do Teatro Galego da Agrupación Cultural O Galo, e mais Un hotel de primeira sobre o río (1968). Asinou tamén a novela Adiós, María (1971), Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires, e, xa no eido da literatura infantil, Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea(1984), segundo a lembranza biográfica que fai da autora a propia institución académica.

O Concello de Santiago celebrou este ano o I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual co que foi galardonada a escritora María Reimóndez co seu traballo "Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure".