Trátase dos debuxos que habitualmente publicaba no FARO DE VIGO, como as ilustracións das críticas feitas por Francisco Rodríguez. Son representacións en gran formato deste estilo de debuxos, que poderán disfrutarse a partir das oito e media da tarde na sala Amalia Domínguez Búa.

A importancia desta exposición é a súa orixinalidade porque "son, por unha parte, paisaxes de Galicia e, pola outra, reproducións de retratos de persoas galegas e de xente relacionada coa cultura e a historia", destaca Rodríguez. É a primera vez que o traballo do artista se expón no Morrazo e supón unha oportunidade para dar a coñecer os seus traballos en todas as ramas nas que desenvolveu o oficio. Si realizou exposicións en Latinoamérica, onde todo o seu repertorio artístico conta cunha maior importancia.

Xulio Formoso naceu na cidade de Vigo, aínda que pasou case toda a súa vida en Caracas, Venezuela. En Galicia nunca puido nin cantar -a súa outra paixón- nin expoñer, polo que o seu traballo non é tan recoñecido coma en Latinoamérica. "Está é unha oportunidade para coñecer a súa obra e figura", afirma Francisco.

Os seus discos non foron editados en Galicia, pero si hai diferentes versións dalgunhas das cancións que compuxo por cantantes e artistas galegos.Interpretaránse algunhas delas na exposición poderán escoitarse tamén os seus discos, de tal forma que "coñecerase mellor o seu nome".

Por outra banda, o venres 18 será a presentación de tres libros de tres autores galegos, de Bueu, cuxas portada fixo o Xulio Formoso. Un dos escritores é o propio Francisco Rodríguez, xunto ao seu irmán Salvador Rodríguez e Álvaro Otero. "Aproveitamos, no marco da exposición, para facer unha presentación dos libros", afirma Francisco. Desta maneira poderase disfrutar durante máis tempo das distintas representacións artísticas que realizou o insigne vigués.

"É todo un artista multifacético", destaca. Ademais da pintura, tamén exerceu como poeta, escritor teatral, compositor e músico.

A exposición está organizada pola Concellería de Cultura de Bueu e a entrada é gratuita para quen desexe coñecer a obra de Formoso. Tal e como Francisco Rodríguez remarca repetidamente, a exposición non é mais que a perfecta oportunidade para que Galicia coñeza o traballo e os logros que este artista tivo que realizar fóra do seu fogar natal.

A obra artística de Xulio Formoso pode disfrutarse desde mañá luns ata o día 23 de agosto na Sala Domínguez Búa de Bueu.