O director galego Ignacio Vilar ubica no centro das súas historias a cultura e a natureza galegas, e difúndeas tanto nacional coma internacionalmente. Así, en 'Sicixia', súa entrega máis recente, retomou a forte impresión que lle producira un viaxe pola Costa do Morte fai un par de décadas, tormenta incluida. E preparou a rodaxe da cinta con 6 meses de inmersión nas costumes e oficios da xente da zona e o espectacular daqueles paisaxes.

Pero a provincia máis representada durante a súa carreira cinematográfica non é A Coruña senón Ourense, cuxos entornos naturais, rurais e urbanos apareceron en 'Vilamor', 'Pradolongo' e mais a recoñecidísima 'A Esmorga', adaptación da obra literaria de Eduardo Blanco Amor que acadou unha nominación aos Goya polo seu guión.

Polo tanto, non é casualidade que no seu verán favorito percorrera as terras ourensáns e luguesas da Ribeira Sacra. 8 días entre os máis sublimes produtos da nosa terra e contornas case virxes bañadas polo Miño e o Sil.

En 2015 alugou cos seus amigos e amigas unha furgoneta de 9 prazas e un pazo en Ferreira de Pantón, e lanzáronse 'á aventura'.

Durante a súa estadía, mesturaron a visita a luxosos restaurantes co achegarse aos mercados, procurar ingredientes do lugar e practicar a nosa gastronomía cociñando no pazo.

Chegáronlles por correo chuletóns de vaca galega, que compraran pola página web de Carsegal, empresa cárnica de Sarria con 30 anos de actividade. Mesturaron a carne á brasa cun gran viño e resume Vilar a experiencia coma "o pracer de vivir intensamente as bondades do noso país, dende esas vacas que chean as nosas paisaxes".

En O Sabiñao, no Cabo do Mundo, atopáronse A Cova, un restaurante con vistas ao río Miño que lles ofreceu anguías do río, troitas e codornices, ademais do viño da Abadía da Cova.

Ribeira Sacra destaca pola súa concentración de igrexas románicas, así coma a importancia singular de cada unha delas. E na igrexa de San Miguel de Eiré, en Ferreira de Pantón, unha licenciada en arte da empresa 'Máis que románico' guioulles a través desa peza arquitectónica única e conseguiu, recorda Vilar, "facernos vivir o románico e a época histórica á que pertence, cóma rematouse a Catedral de Santiago no século XII e espallouse este estilo por toda Galicia".

"A Ribeira Sacra é o lugar de España con maior proporción de arte románico por metro cadrado", asegura o realizador. Visitaron en Pantón o Pazo de Tor, que ofrece a posibilidade de visitas gratis con cita previa. Recorda o director galego que "os guías tiñan un coñecemento impresionante, e fixéronnos mergullar na vida dunha familia da aristocracia galega do século XVI, foi unha clase de historia viva, é unha visita fundamental". O pazo contén incluso un laberinto do século XVII que construíron para xogar os nenos, e terminou convertíndose nunha das localizacións de 'A Esmorga'.

Ademais, tamén recomenda o museo etnográfico de Arxeriz, que amosa cómo vivían os nosos antepasados: seus aparellos de pesca, os intrumentos para elaborar o viño....

Tampouco eludiron a visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocha en Esgos, e situáronse fai 700 ou 800 anos; o de Santa Cristina, nos canóns do Sil, ou o de Santo Estevo.

E alugaron unha zodia con capacidade para ata 10 persoas en Belesar, que Vilar defende coma unha das aldeas máis fermosas de Galicia. Con ela percorreron a beleza do Miño. A experiencia, analiza o director, é moi distinta á do catamarán, pois a zodia, grazas a seu pequeno tamaño, pode explorar pequenos recunchos. O artista e mais os seus acompañantes visitaron unha fervenza inaccesible doutro xeito. El a describe con paixón coma "algo que, se o vives, non o esqueces; de pequeno cóntanche sobre o paraíso e ése é o concepto, un paraíso, non no mái alá senón no aquí e no agora".

Un pequeno inciso: Robert Parker é un norteamericano que ten seu olfato asegurado por un millón de dólares e está considerado coma o crítico de vinos máis importante do mundo, cunha docena de guías e unha influínte revista (The Wine Advocate) no mercado. El creou un sistema de puntuación do viño de 1 a 100 segundo diversos parámetros coma a cor, o aroma, etc. Esta nota pode impedir as posibilidades de negocio dun viño ou aumentar exponencialmente seu prezo. Perker e sus axudantes realizan unhas 6.000 catas ao ano, e nestas certificaron a España, Galicia e mais a Ribeira Sacra coma destinos vinícolas ideais e productores dun viño de salientable importancia. Así, Pedro Rodríguez, amigo de Vilar que posué, afirma o cineasta, "unha das bodegas máis importantes do mundo", conseguiu co seu 'Guímaro', un tinto elaborado de forma tradicional, 97 puntos Parker.

Analiza Vilar que o que máis disfrutou da viaxe foi precisamente "a combinación entre natureza, arte románico e viticultura; bo viño, boa comida, boa compañía".

Foi, en palabras do cineasta, "unha semana que é difícil de vivir en calquer sitio do mundo". O intentaron. O ano seguinte probaron sorte en Portugal con máis rutas de natureza, arte e gastronomía; achegando súas olladas ao Douro, a cidade de Porto ou Ponte de Lima, un pobo do distrito de Viana do Castelo que Vilar define coma "unha das poboacións con maior beleza do país veciño". Alí degustaron o viño dunha bodega con 400 anos de antigüidade.

Pero encontraron diferenzas. "En Portugal", describe Vilar, "todo estaba máis masificado, e de feito seguramente en 5 anos todo sexa diferente aquí.Temos en Galicia lugares incribles para conservar e ofrecer, tanto aos nosos coma os de fóra, pois contan con todas as posibilidades, e unha boa conservación: os bosques, as viñas, todo no seu sitio".

Como anécdota, relata Vilar: "A veces perdíamonos, e sempre chegábamos ao Mosteiro de Rivas do Sil, xa pensábamos que estábamos enmeigados, viaxando en círculos". E eran afortunados: coma o propio cineasta amosou, non hai moitos lugares mellores nos que perderse.