02 de julio de 2017
02.07.2017

"Pescadores de historias" viaxa á costa de San Cibrao

O espazo da TVG descubrirá a importancia do ourizo na extracción e lonxa da localidade

02.07.2017 | 03:09

Na súa visita a San Cibrao, o programa "Pescadores de historias" da Televisión de Galicia (TVG) tratará de coñecer hoxe a importancia do ourizo na localidade lucense, un recurso natural que na derradeira década do pasado século comezou a recollerse baixo plans de explotación sostibles para garantir a súa supervivencia e a divulgarse na Festa do Ourizo, para poñelo en valor.

As peculiares características deste animal e os diferentes exemplares que existen se expoñen no Museo do Mar, no que Ángeles Miguélez aportará os seus coñecementos ao equipo de Pescadores de historias.

A Festa do Ourizo naceu como unha iniciativa veciñal preparada polos empresarios da zona, pero nos últimos anos o Concello fíxose cargo da organización desta celebración adicada ao animal costeiro, que se adapta a todo tipo de incapacidades físicas, como á cegueira ou á mobilidade reducida. Para coñecer máis sobre a festa, a concelleira de Turismos de Cervo, Manuela Méndez conversará co escritor X.V. Rivadulla Corcón.

As cámaras do programa acompañarán a Claudio López, da Asociación Folclórica Mistura, que ofrece o ourizo nas súas presentacións máis coñecidas e básicas, en cru e cocido, xa que son os restaurantes da vila os que se encargan de preparar o ourizo con receitas máis elaboradas.

O famoso concurso de tapas, no que participan restaurantes da zona e fai de xurado un grupo de cociñeiros de gran prestixio de Galicia, é un dos eventos máis destacados da celebración luguesa. No certamen de este ano, Ana Rolle, do restaurante A Bodega, gañou cunha tapa denominada Volcán de ourizo.

Por outra banda, o programa "A revista Fin de Semana", tamén na canle autonómica, ten hoxe unha cita en directo nunha das festas do verán en Galicia: o Arde Lucus. Un ano máis, Lugo revive a súa historia romana e castrexa que estrea o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine