Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Ramón Pena: "Galicia é un país inventado polos literatos"

Recibe hoxe en Cambados o Premio Ramón Cabanillas e, dentro de sete días, o Antón Losada Diéguez de Ensaio e Investigación

Xosé Ramón Pena. // Eli Regueira

O seu traballo divulgativo e reivindicativo da obra de Ramón Cabanillas, reflectido en varios estudos sobre o autor, e o terceiro volumen da Historia da Literatura Galega (Xerais), propiciaron esta concatenación de distincións que recibe o escritor e catedrático de Lingua e Literatura Galega Xosé Ramón Pena (colaborador de FARO DE VIGO como articulista e asesor literario do suplemento FARO DA CULTURA). Hoxe, Cambados acolle o acto de entrega do "Ramón Cabanillas"e, dentro de sete días, recibe o "Antón Losada Dieguez" de Investigación e Ensaio.

-Dous premios no prazo dunha semana e ambos polos seus traballos de investigación e divulgación. Satisfanlle máis estes premios que os que,por exemplo, ten obtido polas súas novelas?

-As satisfaccións e o agradecemento por recibir premios son mois semellantes en ámbolos dous casos. Agora ben, o que me produce unha sensación especial, e que atingue a estas dúas distincións que vou recibir, é que trátanse de premios aos que eu non me presentei, como en cambo si ocorreu nos que me deron por obras de ficción ainda que, por outra banda, éstes últimos colléronme máis mozo e, claro, tamén gardo deles unha lempranza moi agarimosa pola ilusión que me fixeron.

-Cando empezou o seu interese pola obra de Ramón Cabanillas e que aspectos/aportacións cré que son as de especial mérito na obra conxunta deste autor?

-Eu comecei a ler a Ramón Cabanillas nos cursos finais do Bacherelato e, posteriormente, continuei nos anos da Universidade, que foi cando empecei a ter un maior coñecemento da dimensión e riqueza da súa obra. De maneira que decidinme a traballar sobre él porque dende o principio pareceume un dos poetas máis completos da literatura galega. Cabanillas foi un poeta que abrangueu temáticas moi variadas e diferentes, dende a poesía social á combativa, pasando pola de mitificación de Galicia a traveso da materia artúrica, etc. E a mín marabilloume a súa a súa obra porque, entre outras causas, cada vez que volvía a ela, descubría cousas novas, algo que ainda me segue a pasar.

- Sen embargo, semella que dél só se ten amplo coñecemento da súa chamémoslle "lírica patriótica".

-Así é. Precisamente eu o que sempre tentei facer, e supoño que o premio mo deron por iso, foi divulgar e reivindicar a un autor do que non me canso de repetir que se trata dun auténtico grande da poesía, o máis completo dos que teñen dado as letras galegas, e dos que tampouco abondan noutras literaturas. De feito, xa Antón Vilar Ponte decía que se Cabanillas fose norteamericano sería Walt Whitman. E, salvando os gustos persoais de cada quen, eu son dos que pensan que non hai esaxeración algunha nesa afirmación.

-En canto ao Losada Diéguez, é un premio que recibe polo terceiro volúme súa Historia da Literatura Galega . Cando comezou a idear este proxecto e cal era/é seu obxectivo cando se puxo xa a traballar nela?

-A Historia da Literatura Galega foi en realidade unha proposta que me fixo o director xeral de Edicións Xerais, Manuel Bragado, quen consideraba que a súa editorial tiña que facer unha publicación destas características e que a persoa que tiña que facela era eu. A mín, obviamente, encantoume que mo propuxera malia que era consciente de que me enfrontaba a un proxecto maior que me ía levar varios anos. Así que o aceptei co obxectivo de establecer un relato de como se desenvolveu a literatura galega tendo en conta que ésta sempre se move nun contexto que é moi visíbel, en tanto en canto forma parte da mobilización galeguista.Isto no quere decir todos estes autores escribiran ao dictado de consignas políticas, pero si que hai unha relación directísima entre o galeguismo político, en sentido amplo que non partidista, e as letras galegas

-Por que utiliza o concepto de mobilización galeguista?

-Porque me parece o máis acorde para explicar que toda esa mobilización foi quen de crear un espazo común no que se conseguiu que participase todo o mundo, sexa ou non sexa nacionalista. Foi unha das poucas cousas que conqueriron integrarse unanimemente na sociedade galega. Ninguén discute hoxe a bandeira, nin o himno, nin o idioma, nin a Rosalía, nin a fermosura das nosa paisaxes?por poñer algúns exemplos, xa que sería considerado ata políticamente incorrecto. É iso é o resultado dunha mobilización galeguista desenvolvida ao longo de anos e anos e que, xa no século XX, coas Irmandandes da Fala, convertiuse nun fenómeno de consenso. E dentro desa movilización, os literatos foron os que máis conseguiron, os que fixeron achegar ese sentimento á xente, ata o punto de que se hai unha emigración con conciencia da súa propia existencia esa é a galega. De feito, nos centros galegos da diáspora o que hai son símbolos galegos, non os españois. Neste senso, Galicia é un país inventado polos literatos e, por esa mesma razón, esta Historia da Literatura Galega está contada a traveso dunha metodoloxía que atende en grande parte ao compoñente social.

-Van xa tres volumes, e xa traballa no cuarto. Cál deles foi o que lle deu máis traballo ou co que se atopo con maiores dificultades, o que lle supuxo maior esforzo tanto cuantitativo como cualitativo?

-Cada volume tivo e ten as súas características e, polo tanto, as súas dificultades propias pero, a verdade, se che teño que decir ún, ese sería este no que estou a traballar agora, que abrangue desde 1936 a 1975 e levará como subtítulo "A longa noite". Digo que é o máis dificultoso pero por un motivo estrictamente persoal, que é o de que, así como nas anteriores entregas había bastante material sobre o que eu xa tiña investigado anteriormente, neste, ainda que hai autores que coñezo ben e dos que ata teño publicado estudos, hai outros nos que é a primeira vez que me sumerxo en profundidade.

-Ten dito que éste será o derradeiro volume da Historia que Vde. escribe. Segue mantendo esa promesa?

-Si, por suposto que a manteño. Porque xa dixen anteriormente, que ao que eu me comprometín foi a completar a Historia da Literatura Galega que deixou feita Carvalho Calero, pero da época que vai dende 1975 ata hoxe entendo que non son eu a persoa axeitada: estou demasiado implicado emocionalmente nesta etapa, xa que participei activamente nela como autor, o cal queiras que non é un obstáculo para manter a distancia sentimental que se debe manter éticamente neste tipo de traballos.

-Para cando o seu regreso á ficción?

-Espero non tardar moito.Agora mesmo no que estou traballando é sobre un libro de relatos. Algúns xa os teño escritos e, outros, digamos que pensados. O que si teño claro é o título, que vai ser algo así como "A do pirata coxo" , como a famosa canción de Joaquín Sabina.

Compartir el artículo

stats