20 de mayo de 2017
20.05.2017

Unha escultura de máis de dous metros de Martín Códax competirá co Dinoseto en Vigo

Servirá de homenaxe ó trobador medieval e á organización dos Premios da Crítica que cumpren 40 anos

20.05.2017 | 18:49
La escritora Blanca Roig posa con la estatuilla. // R. Grobas

Vigo contará cunha escultura de máis de dous metros de alto de Martín Códax que podería ser ubicada nun punto de elevada confluencia pública na rúa Príncipe ou nos seus arredores.

A iniciativa ten como obxectivo homenaxear os 40 anos da historia e vida dos Premios da Crítica de Galicia que onte tiveron unha gala especial de cumpreanos na cidade de Vigo coa presenza de diferentes persoeiros da vida cultural e política de Galicia.

Foi no seu discurso no acto (presentado pola artista e activista cultural Paula Cabaleiro), cando o alcalde vigués, Abel Caballero, anunciou este novo proxecto co que pretende ofrecer unha "acción de recoñecemento" ás mulleres e homes que crearon estes galardóns e que seguen a traballar neles; pero tamén a toda a xente que desenvolve iniciativas culturais en Galicia, así como a Martín Códax.

A estatua será unha copia a grande escala da escultura que hai 40 anos deseñou Díaz Pardo como estatuíña para os premiados destes galardóns da Crítica. Nela, amósase nos característicos branco e azul de Sargadelos, a figura do trobador Martín Códax. Pola parte traseira, amosa unha cantiga do poeta medieval.

Segundo explicaron posteriormente fontes da Alcaldía a este diario, así será a estatua que se realizará en "materiais resistentes" e que se situará xunto á Farola de Príncipe no lugar que ocupan na actualidade as cabinas de teléfono. Outra ubicación posible sería nalgunha das rúas que atravesan a peatonal de Príncipe.

Á gala de conmemoración dos 40 anos dos Premios da Crítica, na que actuaron Carlos Núñez e Pancho Álvarez, acudiron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o rexidor vigués; cidadáns anónimos e tamén o presidente dos Premios, Bieito Ledo; o vicepresidente, Antón Pulido; e o secretario, Manuel Bragado, entre outros.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine