15 de febrero de 2017
15.02.2017

Arturo López-Quintela ingresa na Real Academia de Ciencias

O profesor da USC, experto en nanotecnoloxía, inicia a rolda de entrada de catro académicos

15.02.2017 | 16:34

La Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra esta tarde no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Arturo López-Quintela, catedrático no Departamento de Química Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e experto en nanotecnoloxía, que se integra na Sección de Química e Xeoloxía. A súa inicia a rolda de incorporacións á institución neste ano, no que entrarán catro novos académicos de diversas áreas de coñecemento.

O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titúlase "Clústeres cuánticos de átomos: o último reducto da química por descubrir nos límites da nanotecnoloxía". Logo de pronuncialo, recibirá a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma seralle entregado polo reitor da USC, Juan Viaño.

 López-Quintela (Os Peares, Ourense) licenciouse e doutorouse en Ciencias Químicas na USC, onde exerceu como profesor titular ata acadar a súa praza de catedrático en 1990. . Ao principio da súa traxectoria investigadora realizou estadías na Universidade de Bielefeld e no Instituto Max Planck, en Alemaña. A esta última institución voltou posteriormente tras conseguir a prestixiosa bolsa Alexander von Humboldt. Exerceu como profesor visitante en diversas universidades estadounidenses, italianas e xaponesas. Ao longo dos últimos anos compaxinou o seu labor docente e investigador co emprendemento innovador.

Os seus amplos coñecementos en nanotecnoloxía animárono a participar como cofundador da empresa Nanogap, spin-off da USC, da que na actualidade exerce como conselleiro científico principal. A empresa, fundada en 2006, emprega a 15 persoas en España e a outras dúas na súa filial en San Francisco (EE.UU). Nestes dez anos, posicionouse como unha das compañías líderes no mundo na produción de nanofibras de prata a escala industrial para aplicacións en óptica e electrónica, ademais de ser a única a nivel mundial capaz de producir clústeres de metais subnanométricos para aplicacións en catálise, óptica, biosensores e medicina. A singular traxectoria de Nanogap viuse xa recoñecida con numerosos premios, como o Emprendedor XXI e ENISA.

López-Quintela ten publicado ao longo da súa carreira 279 artigos en revistas científicas e acredita o mérito de que lle foran concedidas todas as patentes que solicitou ata o momento, un total de 21, das que ten licenciadas 13 para a súa explotación comercial.

Ao acto de esta tarde asisten, entre outros, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; a secretaria xeral da Universidade de Vigo, Gloria Pena; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; o presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Manuel Rodríguez; o secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan M. Vieitez; e a decana da Facultade de Químicas da USC, Pilar Bermejo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia