05 de febrero de 2017
05.02.2017

"Ribeiras de Salitre" visitará hoxe un porto da Costa da Morte

Un total de 96 mariñeiros e percebeiros integran a confraría da localidade de Camelle

05.02.2017 | 03:02
X. H. Rivadulla Corcón conversa cun veciño de Camelle. // Faro

O programa da Televisión de Galicia (TVG) Ribeiras de Salitre achégase esta semana ata o porto coruñés de Camelle, entre o faro de Laxe e o de Vilán, na Costa da Morte. Un total de 96 mariñeiros e percebeiros forman parte dunha confraría que traballa nun mar con certa bravura, mesmo nos días calmos.

O programa espazo comenzará embarcando para saír ao mar con Manolo Tajes, que vai con nasas ao camarón e a nécora. Nas pedras percebeiras, o presentador

X. H. Rivadulla conversará con Marisol, que leva no oficio de recoller o percebe trinta anos.

Coma sempre, o programa da TVG dedicado a recorrer a costa galega contará cunha actuación musical. Neste caso, a da agrupación Con toda en banda, que transmitirán o seu sentimento mariñeiro a través das súas pezas.

E haberá, así mesmo, tempo para contos, unha actividade moi do gusto das xentes mariñeiras. Modesto Tajes contará historias como a de cando chegaron á costa de Camelle varias caixas de laranxas, que, ao parecer, caeran dun buque mercante.

Para comer, Barca Suárez preparará caldeirada de pinto e sargo. Dona de mariñeiro retirado e nai de mariñeiro, leva toda a vida traballando nun restaurante a pé de porto. Tamén traballador do mar de toda a vida, o patrón Carlos Tajes falará da súa experiencia nesta ribeira de salitre e en moitas outras polas que ten pasado. X. H. Rivadulla acabará a súa visita conversando co Rubio de Camelle, mergullador dedicado ao marisqueo, un oficio que o levou a participar no rescate de moitos barcos naufragados na Costa da Morte. Ao longo da súa vida, chegou a recuperar 38 cadáveres.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia