O programa "Contraportada" dos servizos informativos da Televisión de Galicia emite hoxe ás 15.15 horas a primeira entrevista que Mariano Rajoy concede á canle pública galega desde que no 2011 se converteu en presidente do Goberno. A entrevista foi realizada no Palacio da Moncloa de Madrid polo xornalista do medio público galego Luís E. Ramos, co gallo da celebración dos 35 anos do Parlamento de Galicia. Mariano Rajoy saíra elixido deputado nas primeiras eleccións autonómicas galegas do 1981. Logo, no 1982 foi designado director xeral de Relacións Institucionais da Xunta e, en novembro do 1986, vicepresidente do Goberno de Galicia. A TVG adicará o Contraportada de hoxe a esta efeméride cun programa especial no que incluirá unha reportaxe con entrevistas a deputados galegos de distintos partidos.