"Cuestións Persoais" enfróntase esta noite (23.20 horas) a un caso empresarial moi común: dous irmáns con nula experiencia no mundo da hostalería, a piques de perdelo todo. A especialista en asesoramento profesional Nelly Rey visita Sigüeiro para evitar o naufraxio dun negocio, que arrastra consigo a Daniel e Raquel. Conseguirá Nelly Rey que os nosos protagonistas poñan rumbo ao éxito?

"Cuestións Persoais" é un programa innovador no que semana tras semana persoas ou empresas que están a pasar un mal momento decídense con valentía a tratar decambialo. As coaches Teresa Hernández, especializada en temas familiares e persoais, e Nelly Rey, experta en temas laboráis e empresariais, empregan orixinais, e interesantes actividades para tratar de cambiar a situación desas persoas e que atopen as respostas para mudar a súa situación.

Desde unha nai e unha filla que xa non se falan, a unha perruqueira que non é quen de conciliar vida laboral e familiar, pasando por un mesón ao borde da quebra, ou un matrimonio que ten que superar unha gran perda. Moi diferentes temas pero un obxectivo común: cambiar a súa situación. E algunas das actividades pasarán por montarse nunha avioneta, gabear por un rocódromo, acudir a un concertó sorpresa, ou traballar durante unhas horas como vendedor ambulante. Nada é suficientemente orixinal cando se trata de abrirlle os ollos a alguén para que tome concencia da súa situación.