Cedeira protagoniza o programa de hoxe "Ribeiras de salitre", que presenta X. H. Rivadulla na TVG. Cedeira é un porto con sona pola súa importante actividade percebeira, pero que tamén ten unha forte actividade pesqueira. Entre percebeiros e mariñeiros a confraría ten douscentos asociados e rexistradas setenta embarcación, que traballan principalmente a volanta e o palangre, ademais do percebe.

Nesta ribeira temos un importante colectivo de redeiras, que fan ese traballo imprescindible, como Marisa Loureiro unha redeira á quen lle ben o oficio por herdanza da súa nai. Ela fálanos de cómo naceu a asociación de redeiras de Cedeira, e como ao estar unidas melloraron moito, para elas, as condicións de traballo.

A cociña do mar aquí a traemos da man da cantora Guadi Galego. Unha das mulleres de referencia na música de Galicia, e hoxe imos visitala para algo ben distinto á musica. Propoñémoslle que nos cociñe, e dinos que preparará percebes, porque en Cedeira non só son expertos en coller percebes tamén en cociñalos.

E hoxe Corcón vai darnos unha sorpresa, pois el tamén vai cociñar un revolto de alga, cun toque especial. A música mariñeira a poñen os rapaces do grupo Os Benignos.