07 de junio de 2016
07.06.2016

"Náufragos" volta coa traxedia duns percebeiros de Cedeira arrastrados polo mar

A serie que conta as vivencias dos mariñeiros emítese ás 00.00 na TVG

07.06.2016 | 02:27

A serie "Náufragos", que trata de como segue a vida despois dun naufraxio, volve esta noite á Televisión de Galicia, ás 00.00 horas cun capítulo no que contarán a historia do accidente dos percebeiros de Cedeira, Eduardo González e Manuel Piñón, co resultado da morte deste último. Tamén recordarán a historia de Manuel Iglesias, patrón do "Esamar Uno" que sufriu un incendio abordo.

Os percebeiros Manuel Piñón e Eduardo González, de Cedeira, foron arrastrados polo mar preto de San Andrés de Teixido cando ían coller percebe nos baixos do Cadro. Foi a mañá do 8 de febreiro de 1993. Eduardo González salvouse pero Manuel Piñón morreu cando Eduardo pelexaba co mar para salvalo. Todo comezou cando o mar empezou a picarse e arrastrounos. Manuel perdeu o coñecemento pero Eduardo logrou manterse ben e intentou nadar cara a costa levando ao compañeiro, pero Manuel non resistiu e morreu nos brazos do seu compañeiro. No programa participará Eduardo, o mariñeiro que se salvou e a muller do seu compañeiro morto no accidente, Argentina Pérez. Tamén participan Vitorina Rivas, nai de Eduardo, e Manuel Carro, o percebeiro que salvou a Eduardo Gonzalez.

A segunda parte do programa dirixido por Rivadulla Corcón con Produccións Celta dedícase o patrón da Coruña, Manuel Iglesias, que navegando na costa arxentina logrou levar o barco "Esamar Uno" a Porto Deseado, na Patagonia, despois de sufrir un incendio quedando sen instrumentos de navegación e sen temón.

O arrastreiro de bandeira arxentina "Esamar Uno" faenaba en augas da Patagonia, o 1 de decembro de 1994, cando por mor dun raio que impacta na cuberta declarase un incendio que non é posible sufocar ata pasadas moitas horas, quedando o barco sen instrumental para a navegación e sen a posibilidade de manexar o temón dende a ponte. Nesas circunstancias, o patrón galego logra navegar ata chegar a Porto Deseado, na propia Patagonia, e salvar o barco. Agora, Manuel Iglesias volveu as súas orixes e traballa no mar da Coruña co seu barco "Cabo de Hornos II".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine