Quizais Galicia enteira chegou tarde para recoñecer a Sabino Torres, en vida. Cando se vai alguén que tanto tivo que ver co desenvolvemento cultural na túa cidade, sentes unha treboada interior que te insta a faceres memoria, coma quen se acubilla baixo unha árbore. A memoria de Sabino Torres forma parte deses tesouros de Benito Soto aínda non descubertos por moitos e moitas de nós".