Ourense acolleu onte os actos inauguráis da nova edición do programa de dinamización lingüística "FalaRedes". A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemorou así -onte pola mañá- o Día Internacional da Lingua Materna cun acto central no auditorio da urbe das Burgas co gallo da estrea de "Todo me falta de ti", a actividade coa que se da o pistoletazo de saída ao "FalaRedes", que este ano celebra a súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego. As actividades que se enmarcan no programa desenvólvense a partir deste mes nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

No marco dos actos para celebrar a efeméride, asistiron á actividade o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; acompañado do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e do rexidor de Ourense, Jesús Vázquez Abad. O acto servíu ademáis para brindarlle unha pequena homenaxe ao literato Manuel María, autor lucense ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

A xornada tivo tamén a súa nota musical, con actuacións dos artistas Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro, quenes cantaron os textos do poeta da Terra Chá nun concerto pensado para os máis pequenos da casa e as súas familias. As actuacións permitiron dar a coñecer a obra de María -autor dunha extensa obra poética publicada entre 1950 e 2000 e de notables pezas teatráis- entre os máis novos, ao tempo que amplían o repertorio de música infantil en galego coas cancións do disco "Canta o cuco".

Recomendación da Unesco

As actuacións están en liña coas recomendacións feitas pola Unesco -a Organización das Nacións Unidas para a Educación e Diversificación, a Ciencia e a Cultura-, que nesta ocasión escolleu para celebrar o Día Internacional da Lingua Materna o tema "Educación de calidade, lingua (-s) de instrución e resultados da aprendizaxe". Deste xeito a axencia da ONU fai fincapé na importancia das linguas maternas para lograr unha educación de calidade e tamén na diversidade lingüística co obxectivo de continuar avanzando na aplicación da nova Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.

Na súa mensaxe, a Unesco sinala que "o plurilingüismo é esencial para a consecución destes obxectivos e para o logro da Axenda 2030 no seu conxunto, desde o relativo ao crecemento, o emprego e a saúde ata o consumo e a produción sostibles e o cambio climático". A recomendación coincide coas liñas desenvoltas polo departamento educativo da Xunta ao abeiro do Decreto do Plurilingüismo.

A programación de "Todo me falta de ti" desenvolverase ata maio nos concellos de A Coruña, Ferrol, Ribeira, Santiago de Compostela, Burela, Vilalba, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Cangas, A Estrada, O Grove, Vilagarcía de Arousa e Ponteceso -en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal-. A súa meta é ampliar a oferta de ocio en galego e promover o seu uso, así como apoiar aos artistas que desenvolven a súa obra no idioma.

Durante a presentación da quinta edición do "FalaRedes", o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou que o programa, "neste ano de Manuel María", ofrece "unha das mellores propostas artísticas inspiradas no poeta do pobo para renderlle tributo e facer partícipe desta celebración a Rede de Dinamización, nomedamente a xente miúda, da man de dous dos artistas más coñecidos pola cativada galega".

A próxima parada do "FalaRedes" será Marín, que acollerá "Todo me falta de ti" o vindeiro sábado 27 de febreiro, ás 18.00 horas, na biblioteca municipal Vidal Pazos. A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade da sala. O calendario completo poderá consultarse próximamente no Portal da Lingua Galega e tamén nas redes sociais do programa "FalaRedes" e na Axencia de Cultura de Galicia. Ao longo das súas catro últimas edicións, o "FalaRedes" chegou a todos os concellos que integran a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, que conta arestora con más de 170 entidades adheridas. En total promoveu preto de 700 actividades para públicos de todas as edades.

Tralo pase inaugural da nova programación de "FalaRedes", o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentará mañá -22 de febreiro- na nova sede da SXPL na rúa San Roque número 2 de Santiago de Compostela outra actividade de "FalaRedes 2016", denominada "A viaxe de Rosalía" e que tamén está dirixida aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística. O espectáculo que se presentará conta con música e está dirixido tanto a público adulto como a infantil a partir de seis anos.

A historia baséase nunha narración oral. A actriz, a base de interpretación, monicreques de mesa e manipulación de obxectos, ofrecerá unha montaxe teatral na que Francisca do Campo -que fai de madriña de Rosalía- conta a todo o mundo a historia da súa querida afillada. Con ela levará teas, zapatos e outras moitas cousas queridas pola afamada poetisa e ofrecerá ao público a narración da traxectoria vital e artística da autora de Padrón, símbolo absolutamente irrenunciable da cultura de Galicia.