Toda unha vida de compromiso
O "Poeta da Terra Chá" traballou sempre a prol de defender a lingua e a cultura galega

Manuel María en una imagen de arhivo // Alberto Suárez
Nado en Outeiro de Rei (Lugo) no 1929, Manuel María criouse nunha familia de campesiños acomodados. Cando tiña tan só 13 anos marchou a Lugo a estudar o bacharelato e máis tarde fíxose procurador dos tribunais, ó tempo que comezou a súa carreira literaria e entrou en contacto con algúns intelectuais da época como Luis Pimentel, Ánxel Fole e Juan Rof Codina.
Pasou a meirande parte da súa vida laboral en Monforte de Lemos canda súa esposa, Saleta Goi, quen rexentou a libraría Xistral e coa que formou unha parella "de exemplar militancia política e cultural", segundo destaca a RAG.
En 1998, o denominado Poeta da Terra Chá decide asentarse coa súa muller en A Coruña, máis concretamente no barrio de Monte Alto, onde todavía vive Goi a día de hoxe. "Non vimos porque si, non era para pasear por Riazor nin nada diso. Viñemos opla xente e as relacións culturais que tiñamos cosa cidade", comentaba a súa viúva o ano pasado a este xornal.
Poeta comprometido co nacionalismo galego, a lingua e a cultura, unha das últimas campañas nas que colaborou foi a Plataforma Nunca Máis a raíz do desastre do Prestige no 2002, dous anos antes da súa morte.
No ano 2008, o comité do estudantado da facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (UDC) logrou que a aula 1.1 pasase a chamarse Aula Manuel María.
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- La Xunta suspende las clases y Galicia eleva a 3 el nivel de emergencia: cede al gobierno estatal la gestión de la crisis energética
- España, paralizada por un insólito apagón de luz de origen todavía desconocido
- Belleza perruna: estas son las 10 razas de perro más bonitas que existen
- ¿Qué había en la consumición de Pablo?
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- En directo | El Gobierno pide limitar desplazamientos y un uso responsable de las comunicaciones
Un segundo hogar para tus mayores con atención cercana y trato familiar

