O maxistrado do Tribunal Constitucional Antonio Narváez Rodríguez explicou á axencia Efe, sobre o recurso da Real Academia Galega (RAG) polo decreto do plurilingüismo, que en xeral o alto tribunal admite a trámite un 1 por cento en función da súa transcendencia constitucional.

A RAG presentou un recurso de amparo polo decreto do plurilingüismo da Xunta, que promove o ensino en inglés, ao considerar que prexudica o galego. "O que ten importancia hoxe en día en amparo é a transcendencia constitucional do tema, neste caso é de lingua. O que si podo dicir é que de cada cen recursos de media se admite a trámite un", apuntou Antonio Narváez Rodríguez, que participou na Escola de Verán do Ministerio Fiscal Galicia 2015, que celebrouse no pazo de Mariñán, en Bergondo.