"Ninguén dubida, iso creo, dos valores da obra rosaliana; do seu carácter, ao tempo, de obra fundamental na historia das letras galegas, pero tamén do seu carácter universal", dixo Pena referíndose a Rosalía de Castro e extendéndose despois por Murguía e pola europeidade de Manuel Antonio.

"Outro mito -explicou- é o dos séculos oscuros. Polos datos dos que eu dispoño, puido ser Landeira Irago, director de Faro de Vigo de 1975 1979, o "pai" da fórmula "Séculos Escuros" para referirse ao longo período, máis ou menos 300 anos, nos cales a literatura galega, en particular, e a escrita en galego, en xeral, vive un tempo de penuria de textos: polo menos, de textos conservados que sexan do noso coñecemento; e digo isto porque a investigación está a ofrecer novos documentos".

En primeiro lugar, o de "séculos escuros" é ben discutible. En efecto, Madrid (Valladolid) e Sevilla prácticamente monopolizan os lugares e os autores que compoñen o denominado "Século de Ouro".Para alén diso, acontece que se son "escuros" os séculos para as letras en galego, non lles digo a nada a vostedes que clase de escrutidade vén ser outra que afecta ás letras redactadas en Galiza en castelán. .. Pero en segundo lugar, e malia toda a indixencia da que falamos, si que hai continuidade e non un Guadiana ou non tanto Guadiana".

"Sen embargo, diante dun mito, dun lugar común que interpreta que tanto a literatura galega como o galeguismo na súa dimensión política son un invento do século XIX, creado nesa época a partir de cero, a realidade dos feitos demostra que antes desa data, antes de que a magnífica parella Rosalía- Murguía levase a termo o seu labor, si hai entre nós un proceso, por así denominalo, pre-nacionalitario.