Cambados viaxa no tempo cos Bolechas
A actividade de onte no auditorio da Xuventude foi impulsada por Política Lingüística
![O público encheu a Casa da Xuventude. // Iñaki Abella](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/50cd4614-10bd-4977-86fe-8631a9cb6222_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
O público encheu a Casa da Xuventude. // Iñaki Abella
Redacción | Cambados
As aventuras dos irmáns Bolechas regresaron onte a un auditorio da Xuventude, en Cambados, que se encheu de rapaces para poder ver cal é o novo espectáculo dos seus pequenos heróes. Os Bolechas e a máquina do tempo volveu a reunir a Carlos, as xemelgas Pili e Loli, Braulio, Sonia e Tatá, acompañados todos dos seu inseparable husky siberiano Chispa, que nesta ocasión, realizaron unha viaxe no tempo a través dun aparello que atopou o cuarto dos irmáns. Ese aparello teletransporta a Carlos e Pili ao futuro, converténdoos en adultos. O doutor Apolodoro, científico dono da máquina, lévaos a coñecer diferentes etapas da historia nunha viaxe temporal onde Os Bolechas tiveron que valerse da inestimable axuda do público para regresar ao presente e á infancia. Este foi máis ou menos o relato do que aconteceu onte en Cambados e que vai a suceder en moitas outras vilas galegas, todas elas incluidas dentro da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
A través do programa "FalaRedes" os Bolechas regresaron a Cambados, onde xa viviron unha aventura nun dos seus libros, pero nesta ocasión como monicreques manipulados por actores á vista. O obxectivo desta iniciativa non é outro que fomentar o uso da lingua galega entre os cativos de entre 4 e 8 anos de idade, que teñen aos Bolechas como un dos seus principais referentes. Nos contos, nas cancións e nos seus espectáculos, Os Bolechas empregan a lingua galega, por iso a Dirección Xeral de Política Lingüística entende que este tipo de espectaculos serven para fomentar e potenciar o seu uso entre os máis pequenos da casa. Entre o público cambadés atopábase o director xeral de Política Lingüística, Valentín García. Aínda que está por determinar, é moi probable que este espectáculos dos Bolechas acabe pasando por máis vilas da comarca do Salnés en vindeiras semanas.
![Cambados viaxa no tempo cos Bolechas](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/7649fe32-c9a1-4e65-b77b-22ddbf6e0944_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Cambados viaxa no tempo cos Bolechas
Á actividade dos Bolechas non é a única que se pode atopar no programa FalaRedes. A cuarta edición desta iniciativa de dinamización lingüística arrinca, como sempre, con propostas de lecer en galego e pensadas para todas as idades. O seu principal obxectivo e promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia e inclúe actividades desde este mes ata o de decembro. En total, foron case 600 as actividades que se desenvolveron ao longo de toda a xeografía galega nos tres anos que leva imprantado este programa de fomento do galego.
![Cambados viaxa no tempo cos Bolechas](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/98cb48fd-8cc7-4bc8-b7df-dee738b0473f_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Cambados viaxa no tempo cos Bolechas
![Cambados viaxa no tempo cos Bolechas](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/d64f47d3-260a-48f7-b8f5-4fabd5dbd6bc_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Cambados viaxa no tempo cos Bolechas
- Insólita demanda en Vigo: una menor se suma a la denuncia de su madre para exigir conciliación
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Rescatan el cuerpo sin vida de un marinero sobre un barco en Cangas
- Un fugitivo arrepentido se entrega a la policía local de Vigo: «Quiero entrar en prisión»
- ¿Cuánto cobra una enfermera según la comunidad en la que trabaje? Hasta mil euros de diferencia y con Galicia a la cola
- Siete albaneses detenidos e intervenidas una narcolancha y una importante cantidad de cocaína en un operativo en Vilanova de Arousa
- Salen a la luz nuevos datos sobre el estado de salud de la hija de Anabel Pantoja: «Un pronóstico serio y grave»
- Una familia de cinco generaciones en Aldán