A Xunta reforzará a promoción do galego a través das novas tecnoloxías

O último estudo do Instituto Galego de Estadística (IGE) advertía que o número de nenos que falan galego caeu un 37 por cento na última década, unhas conclusións que fixeron que dendalgunhas instancias se cuestionase o decreto do plurilingüismo aprobado polo Goberno de Feijóo. A Consellería de Educación, sen embargo, aclarou que non mudará a súa política educativa. Durante a entrega de galardóns do certame "Lingua de Namorar", tanto o secretario xeral de Política Lingüística, Vicente García, como o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, recalcaron que convertirán en prioritaria a súa promoción do galego entre a mocidade e situaron as novas tecnoloxías coma un dos medios nos que pensan dar a batalla.

"Temos que facer o esforzo nos nenos de entre 5 a 14 anos que serán nativos dixitais", explicou Valentín García.

Do mesmo xeito, o director xeral de Xuventude advertiu de que é preciso fomentar o uso do galego entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

Tracking Pixel Contents