Dúas declaracións e unha placa conmemorativa
Os actos comezaron na Casa do Concello coa descuberta dunha placa conmemorativa e proseguiron no Multiusos de A Xunqueira coa lectura da "Declaración para sermos máis nós" (que xa conta con máis de 600 adhesións de particulares que expresan o seu compromiso co galego como usuarios dos servizos xurídicos que prestan a avogacía e as notarías), á que seguiu a lectura da "Declaración de Redondela. Por unha lingua para o dereito" que asinaron 21 avogados exercentes nesta localidade.
Neles interviron, amais de García Gómez, de Pazos Couñago e de Martín Álvarez, o alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira; a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega Núñez; o presidente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, Xosé González; o presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xaquín Monteagudo; o fiscal superior de Galicia Carlos Varela; os maxistrados Xosé Barreiro Prado e Xoán Alfaya e os xuíces Miguel Seixo e Mª Carmen Rodríguez. Tamén participou neles Elisa Polanco, viúva de Claudio Movilla Álvarez, un dos tres maxistados que redactaron a primeira sentenza en galego.
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- No era Carlo Costanzia: el miembro de la familia Campos que podría fichar por 'Supervivientes 2025
- Portugal lanza una alerta por lluvia, viento e inundaciones que llega a Galicia
- José Manuel Parada responde tajante al comunicado de Anabel Pantoja sobre su hija: «Como periodista pido respeto»
- Quitan la indemnización a una mujer que se cayó al salir de un céntrico hotel de Vigo
- Cierra uno de los locales más míticos de Churruca
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Una pareja con un hijo que gane hasta 52.500 euros al año podrá acceder a una vivienda pública