A poesía chega ó hipervínculo
O escritor vigués Fran Alonso publica o poemario electrónico "Poética", un proxecto pioneiro na literatura galega

O escritor Fran Alonso posa ca súa obra "Poética". // FdV
Vigo
Poesía sen soporte físico, non apta para estanterías. Así é a nova obra do escritor vigués Fran Alonso, titulada "Poética". Trátase dun poemario dispoñible en galego, castelán e portugués, co que o escritor busca explorar o novo eido da literatura electrónica, un campo no que case non existen experiencias en lingua galega. "Poética" está dispoñible na rede e é de acceso libre. Ademais, está preparado para ser lido en ordenadores, tabletas e móbiles.
"Eu sempre estiven moi preocupado por averiguar en que medida a rede inflúe na creación literaria. Estou convencido de que moito, porque camiñamos dun xeito inevitable cara a sociedade dixital", explica Fran Alonso. "Poética" non é a primeira exploración da rede coma soporte que fixo o escritor, que xa acompañou o seu libro infantil "O meu gato é un poeta. Sen embargo, "era una web que actuaba a modo de complemento, non era necesaria para ler o libro", sinala Alonso. Con "Poética", o creador vigués deu un paso máis aló, tomando Internet coma o único soporte literario.
Aínda que o proxecto chegou fai escasas semanas á rede, xa levaba varios anos na mente do seu creador."Hai cinco anos, cando escribín este libro, xa me plantexei facelo en base á estrutura de Internet. Traballei sobre papel, pero tendo moi en conta aspectos como as ligazóns e as novas linguaxes".
Na obra de Alonso, dispoñible no portal "poetica.gal" participou tamén a empresa Estudi Llimona, que se encargou dos aspectos máis técnicos. Na web, o lector atópase cun conxunto de poemas que están relacionados a través de hipervínculos e que non teñen unha orde definida de lectura. Ademais, as composicións inclúen audios, vídeos, fotografías e tamén emoticonos, que cobran un peso especial dentro da lóxica de exploración das novas linguaxes da rede que mantivo Alonso. Internet, entre moitas outras cousas, tamén é un libro.
Suscríbete para seguir leyendo
- Medio Ambiente ha impuesto medio centenar de multas en lo que va de verano por aparcar en las dunas de Nerga y Viñó, y en otros espacios de Red Natura en Cangas
- Las terrazas convierten el centro de Vigo en una yincana
- Denuncian que Moaña impide el uso de un bajo comercial por irregularidades de un edificio en el que sí permite vivir
- El último verano del Carrito que endulzó Vilagarcía durante 60 años
- ¿Cómo es un día con la Panorama?: Los cantantes y el resto del equipo de la orquesta ponen sus secretos al descubierto
- La familia Rodríguez, la saga ourensana que convirtió la lucha contra el fuego en una misión personal
- La hazaña de dos abuelos de 92 y 83 años en Cíes: Mario y Alsira conquistan la isla junto a su nieto
- «Ya no me queda nada por hacer en el partido ni en la política»