A Televisión de Galicia emite hoxe, ás 15.30 horas, un novo episodio da serie documental "Náufragos", realizada por Producións Celta, productora pertencente a FARO DE VIGO y "La Opinión de A Coruña", e escrita e dirixida por Xosé Henrique Rivadulla Corcón. O espazo, de sesenta minutos de duración e emisión semanal, busca explicar como segue a vida da xente e dos lugares tras un naufraxio, tanto no caso dos mariñeiros que conseguen voltar como no das familias dos que non regresan.

Nesta nova entrega, tratarase a historia dos náufragos do pesqueiro "José", con base en Baiona, que se afundiu o 17 de agosto de 1992 fronte ao cabo Silleiro, nuns baixos chamados O Lobo. Foron moitos os barcos da localidade que acudiron ao rescate, pero os dous mariñeiros que formaban a súa tripulación, Ramón Chouza e Manuel Acevedo, non lograron salvar a vida. A lembranza dos mariñeiros do José está moi viva en Baiona, onde os irmáns de Ramón Chouza non deixan de revivir os momentos que compartiron con el.

Os pesqueiros "Punta de Rodeira" e "Los Órganos" quedaron no fondo do Atlántico cando se dirixían a pescar no banco canario sahariano, con só seis meses de diferenza entre ambos os dous naufraxios, en que, afortunadamente, todos os mariñeiros conseguiron salvarse.

Banco canario subsahariano

Texto A protagonista desta historia é a armadora dos dous buques, Gloria Lijó, que nesa época non traballaba en ningún deles, pero que despois embarcou no Bolaquento, tamén da súa propiedade, sendo a primeira muller en traballar embarcada no banco canario sahariano.