Día das Letras Galegas

Homenaxe a Díaz Castro, o poeta políglota

O autor "ferido pola beleza" é un caso singular na literatura galega, coñecedor de trece linguas e tradutor - Cultura traducirá a obra "Nimbos" ao italiano, logo do ruso e inglés

Ricardo Grobas

Ricardo Grobas

E. OCAMPO/ EFE | VIGO

O poeta Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, Lugo, 1914), ao que que hoxe se dedica o Día das Letras Galegas 2014, era unha persoa "discreta" e "allea" a vontade de notoriedade pública, pero un caso curioso tanto na súa época como na actual polas trece linguas que coñecía, segundo contan os estudosos da súa figura Armando Requeixo e Xosé Manuel Salgado.

Díaz Castro nace na parroquia de Vos Vilares e quince anos despois ingresa no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, desde onde se traslada a finais dos anos corenta a Madrid para exercer de tradutor, pois se defendía en trece linguas, e non será ata os anos oitenta cando regrese á súa terra.

Os dous expertos aseguran que Díaz Castro é un poeta singular e único dentro do mundo da literatura."É coñecido sobre todo polo seu libro en galego 'Nimbos', pero logo deste día é necesario que se coñezan outras facetas, outras vertentes que tamén son moi interesantes e que, ata agora, estaban en stand by", incide Requeixo.

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, repasou, a historia de 'Nimbos', a gran obra intimista de Díaz Castro, algúns de cuxos poemas, que aínda non formaban parte desta obra senón da antoloxía de Fernández do Rego, cativaron tamén ao entón director da editorial "Galaxia", Ramón Piñeiro. Foi ademais de poeta en galego, un gran autor de versos en linguas de todo o mundo e un tradutor cunha obra intachable, que lle permitiu alcanzar "unha produción políglota" moi importante.

Díaz Castro é un poeta que "escribe moi desde dentro, desde as súas coordenadas teolóxicas, pois foi case sacerdote, e para el a luz de que a fala, que pronuncia con seseo, lus, é a que vén do ceo, de deus ou do máis aló", explica Montero.

"Non só coñecía 13 linguas, era capaz de entendelas e comprender o seu sentido máis profundo, o que lle facía posible traducir esa métrica, esa harmonía e ese ritmo particular que cada unha delas imprime aos textos. Era un monstro das linguas", apostila Requeixo.

agora ese traballo vai de volta. A Consellería de Cultura acaba de anunciar "Nimbi", a tradución ao italiano de "Nimbos", de Díaz Castro e que inaugura o proxecto Letras Galegas no Mundo. Esta e outras traducións que se irán sumando ao proxecto estarán accesibles para o público de dentro e de fóra de Galicia a través da web da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A primeira desas traducións foi realizada no Centro de Estudos Galegos de Padua (Italia), que dirixe o profesor Giovanni Borriero e no que é lectora a profesora Gemma Álvarez Maneiro. Súmanse á obra en inglés a cargo do profesor Jonathan Dunne; en ruso, a cargo da profesora Elena Zernova, e a edición bilingüe en galego e éuscaro, con tradución de Gerardo Markuletak.

"Nimbos' foi a obra poética que converteu ao lucense nun dos grandes das Letras Galegas, pero a súa publicación a principios dos anos sesenta pasou desapercibida para o gran público, seducido pola corrente da poesía de denuncia, de protesta, pero sobre todo pola gran "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro, asegurou Alonso Montero. 'Nimbos' foi moi ben acollida por Otero Pedrayo, Ánxel Fole ou Cunqueiro, por saber rescatar a realidade da escuridade e iluminala. "Si é que ou poema é só un nimbo de lus / que vos ollos cegos póñenlles ás cousas / soñadas, ou amadas nas teebras".

Tracking Pixel Contents