"O significado de 'ser de Angrois' pasou de ser parvo a xeneroso en 24 horas"
A expresión "ter millo vello no canizo" recollida na Guarda é expresiva do aforro na Galicia rural

Un cadro de "Ser ~ parecer ~ facerse de Angrois", do artigo asinado por Xesús Ferro Ruibal.
VIGO
O 'espírito de Angrois', como descrición do socorrismo instantáneo deu a volta ao mundo tras o accidente ferroviario que se cobrou 79 vítimas mortais o pasado verán e acadou en so tres meses 10.000 citas en Google. Angrois xa era un símbolo mundial positivo. Nunca antes se vira un tan repentino e radical cambio semántico. 'Ser de Angrois' significara ser parvo ata ese momento. "En poucos días, na prensa saíron titulares que desmontaban para o mundo enteiro ese fraseoloxismo de ámbito local", asegura o escritor e investigador do Centro Ramón Piñeiro Xesús Ferro Ruibal (Moraña, Pontevedra, 1944) no último número de "Cadernos de Fraseoloxía Galega", que acaba de editar a Xunta.
-Destaca a constatación da mudanza do valor semántico de 'ser de Angrois'. ¿É un caso insólito na lingua galega?
-Insólito, non. A sociedade muda e hoxe a xente nova xa non usa ou nin coñece aqueles prexuízos que había sobre ser de Petelos, de Cuspedriños, da Canicouva, de Rouzós. Como moito di 'parecer do monte'. O insólito é que o cambio se produza en 24 horas e que se pase da burla despectiva á admiración e ó orgullo, de que sexan galegos coma nós e de que agora todos queiramos ser de Angrois e de que mesmo se fale do espírito de Angrois como ideal social.
-¿Como é posible un cambio tan rápido?
-Porque en Angrois se produciu unha catástrofe insólita (79 mortos e moitísimos feridos) pero tamén unha sobredose de humanidade nos veciños e posteriormente nos técnicos e nos doantes de sangue; e porque todo isto vímolo en directo na TV.
-E sen precedentes.
-Doce días antes na entrada sur de París (Bretigny-sur-Orge) houbo un accidente igual pero con seis mortos e a xente limitouse a facerlles fotos e vídeos ós feridos e outros roubáronlle maletas, móbiles...
-¿Entrará nas enciclopedias ese novo termo, ou pedirán que o dito desapareza dos dicionarios?
-O accidente, como tal, xa está na Wikipedia en 38 linguas e con numerosos enlaces. A petición de que o valor despectivo de ser de Angrois ou de facerse de Angrois desapareza dos dicionarios e enciclopedias foi outra demostración de que o pobo xa modificou o uso, porque xa lle repugna. - na lingua quen manda é o pobo: as Academias son só notarias do que o pobo ordena coa súa maneira real de falar. Por certo no dicionario da RAG este dito xa nunca figurou.
-Cales son para vostede as razóns de que haxa lugares "tipo" en cada parroquia ou cidade, para definir as persoas máis toscas ou parvas?
-Explícao moi ben o antropólogo Marcial Gondar. Hai quen di que o éxito dos pallasos radica en que se presentan como inxenuos e parvos e isto ó espectador permítelle rir porque se sente superior. É o que outros chaman a síndrome do "último mono", que se dá xa nos animais: ter alguén detrás de un fai que un se sinta importante e, por iso, non é raro que, canto máis brután ou acomplexado é alguén, con máis virulencia busque o seu último mono. - tamén conta a nosa necesidade de definirnos como grupo por contraste cun grupo de referencia negativo: se cargamos noutros tódolos defectos que nos repugnan, estamos fabricando a nosa propia imaxe ideal e positiva. Estámonos definindo. Os ditos, a fraseoloxía normalmente é arte da palabra e por veces, tamén é crueldade refinada coa que o falante busca reequilibrar a súa psique e compensa-las súas frustracións. - conségueo cando encontra -ou fabrica- alguén a quen sentirse superior. Se ben se mira, cando aldraxamos outro grupo, realmente estámonos referíndonos a nós mesmos; estamos dicindo como queremos ser nós. Aldraxar é defecar. É unha cousa realmente íntima.
-É considerábel a presenza de termos que fan alusión ao aforro ou a relacionadas coa economía doméstica ("apertar as carabuñas"/ "días de moito, véspera de nada"/ ...) que existen en Galicia e recollida nun artigo de "refráns e frases do sur de Galicia" que aí publican.
-Todo se expresa mellor con imaxes. A mellor foto do aforro na Galicia rural é ter millo vello no canizo (ou canastro);é dicir, non esgotar o millo do ano pasado antes de chegar o millo novo deste ano: iso é boa administración. A frase con canizo recolleuse na Guarda. - en Sebil (Cuntis) recolleuse un refrán común a toda Galicia: "Hai que aforrar das risas prás choras." Pero nas cousas esenciais ou na calidade mínima non se debería aforrar moito, porque tamén se recolleu "As forras tiran coas casas". Coma o que mercou un coche de segunda man baratísimo porque non tiña garantía ningunha e agora non sae do taller. - sen saír dos que publicamos no último número, temos este de Baiona que fala da necesidade de traballar e aforrar para cando un sexa vello: "Quen de novo non traballa, de vello dorme na palla".
-"Cadernos de Fraseoloxía Galega", ¿é unha revista de ditos e refráns?
-Si pero algo máis. É unha revista científica dunhas 600 páxinas elaborada con publicacións, que chega a tódalas universidades de España e Portugal, a moitas de Europa e América nas que hai estudos de cultura galega e que a reciben uns 150 fraseólogos de todo o mundo, na rede www.cirp.es/pls/bdox/inv.cfg_ini. A revista é monolingüe galega, cos títulos e abstracts tamén en inglés e xa publicaron 155 investigadores de 22 países. A maior parte dos autores non teñen nada que ver con Galicia. Outra sección é a de "Recadádivas", que son escolmas de ditos e refráns que se seguen recollendo do galego actual (uns 10.000 ditos, 1.200 fórmulas e 52.000 refráns).
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Un crimen y un precinto policial que se eternizó: «La casa parece una selva»