Díaz Castro arranca as Letras con imaxe e música
O CCG homenaxea ao autor nun concerto no que se musicará o poema "Penélope" - A TVG difundirá dúas pezas audiovisuais

Díaz Castro arranca as Letras con imaxe e música
E. OCAMPO | VIGO
O Consello da Cultura Galega (CCG) homenaxea a Xosé María Díaz Castro -ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas- no seu concerto das Letras Galegas, que se celebrará o vindeiro día 16 de maio. Esa cita musical suporá a estrea absoluta dunha peza que lle pon música a "Penélope", o poema máis célebre de Díaz Castro ("Un paso adiante e outro atrás, Galiza/ e a tea dos teus soños non se move...", comeza). "É unha cita coa poesía, coa música e coa palabra" asegurou Ramón Villares, presidente do CCG, na presentación, que tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo.
A Real Filharmonía de Galicia será a formación encargada do concerto e contará coa participación do grupo vocal Sólo Voces, fundado en Lugo en 1992, e o Collegium Compostellanum, creado en 1988 por Maximino Zumalave. Foi este último, que dirixirá o concerto, quen quixo destacar "o exemplo de traballo conxunto de diferentes institucións".

Díaz Castro arranca as Letras con imaxe e música
"Penélope" é o poema máis editado e traducido de Díaz Castro, incluído no Poemario Nimbos, no que o homenaxeado polo Día das Letras Galegas denuncia a pasividade do país. - agora estrearase a versión musical da peza, que responde a un encargo do CCG. Sobre este coñecido texto, o compositor galego afincado en Nova York, Octavio Vázquez, creou unha obra para coro e orquestra.
O habitual concerto que o Consello da Cultura Galega organiza con motivo do do Día das Letras Galegas terá lugar este ano en Lugo, por ser o lugar de orixe do homenaxeado desta edición, Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, Lugo, 1914 - Lugo, 1990).

Díaz Castro arranca as Letras con imaxe e música
Tamén onte, a Consellería de Cultura presentou a difusión pública da obra de Díaz Castro con dúas pezas audiovisuais realizadas a partir dos versos do escritor.
Os traballos, que se emitirán na Televisión de Galicia durante o mes de maio, foron presentadas esta mañá pola directora da canle autonómica, Rosa Vilas. Ademais, haberá microespazos animados para promover a lectura do autor, que se basean en versos de dous poemas, pertencentes ao poemario 'Nimbos': o propio poema homónimo, "Nimbos", e "Esmeralda", ao que se lle deu un enfoque máis infantil para dirixilo á poboación máis nova. Segundo afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, "non se trata de pezas explicativas de carácter pedagóxico, senón de propostas visuais para animar os espectadores á lectura deste autor, abrindo boca con algúns dos seus versos e acompañados de imaxes suxestivas".

Díaz Castro arranca as Letras con imaxe e música
Percorrido pola historia
A exposición "51 páxinas das nosas letras" se exhibe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, ata o próximo día 30.
A exposición, impulsada polo Parlamento de Galicia coa colaboración da Real Academia Galega e a Xunta de Galicia, forma parte da colección do Parlamento de Galicia e consta de 51 medallas en baixo relevo das caricaturas das personalidades ás que lle foi dedicado o Día dás Letras Galegas, dende que fose instaurado en 1963, así como paneis e diferente tipo de material informativo sobre os 51 autores homenaxeados ata o momento. As medallas son obra do escultor e medallista Manuel Ferreiro Badía e foron feitas a partir dun debuxo de Siro López.
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Calleja se despide de Cuatro en Galicia alabando a los gallegos y su gastronomía
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- El conocido punto de venta de drogas de Vigo que da problemas cada semana
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- Ilaix firma por cuatro temporadas