Méndez Ferrín resalta a forza nerudiana da poesía de Valentín Paz-Andrade
"Foi un home moi intelixente, un gran patriota con forza de vontade poderosa", engade
E.p. - Santiago
Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega (RAG), considera o homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano como "un poeta importantísimo, comprometido, político "e "dunha forza nerudiana". "O que pasa é que non todo o mundo está atento a todo. Hai persoas que valoran máis a Andrade como ideólogo económico. Non se equivocan, é un grande ideólogo".
"Alí onde se busque Galicia no século XX, alí aparece, tarde ou cedo". Para Méndez Ferrín, Valentín Paz-Andrade foi un home "moi intelixente, un gran patriota dotado dunha forza de vontade moi poderosa" e "unha das grandes figuras políticas" da historia da Comunidade Autónoma.
O plenario da RAG, reunido o sábado 4 de xuño de 2011, escolleu por maioría dedicar as Letras deste ano para recordar a figura deste polifacético autor e pensador, unha decisión que, segundo destacou o seu presidente nunha entrevista a Europa Press, sobraban os motivos.
"Unha das grandes figuras políticas, do pensamento económico, ensaísta e como poeta é unha figura central que atravesa o século XX gloriosamente. Alí onde se busque Galicia no século XX alí aparece, tarde ou cedo", incidiu.
Por iso, e aínda que algúns autores recoñecen que se trata dunha persoa que non goza da mesma difusión que outros autores e homenaxeados anteriores, Ferrín argumentou que Andrade destaca con "carácteres propios" e é "incomparable con Rosalía de Castro ou Lois Pereiro", dous poetas que xa tiveron a súa homenaxe do Día das Letras Galegas, sinala Ferrín na entrevista con Europa Press.
"É absolutamente ineludible, non ten nada que ver. Cando se pensa en como foi a evolución de Galicia no século XX, resultou fundamental. Para a renovación das pesquerías, ideou a flota de conxeladores de Galicia coa cal se revolucionou a sociedade galega enteira", engade.
- La Guardia Civil desarticula dos grupos dedicados a la sustración de gasoil de camiones tras detectar un vehículo con garrafas en Moaña
- Un pulpo «dándose una vuelta» a lomos de un delfín: la imagen de la «plaga» al sur de Inglaterra que «revela cambios en la cadena alimentaria marina»
- Un lance inaudito: el oceanográfico vigués «Miguel Oliver» pesca decenas de ánforas romanas al sur de Formentera
- Crecen en Vigo las demandas de padres divorciados que van a la vía judicial para liberarse de pagar la pensión a sus hijos
- Proyectan una treintena de pisos junto a la playa de Santa Marta en Baiona
- Una familia lleva a los tribunales el traslado a Ourense de un paciente psiquiátrico ingresado ocho años en Vigo
- Un oasis entre «números rojos»: la conservera Albo aporta la mitad de los ingresos de todo el grupo Shanghai Kaichuang
- Ataque de un hombre a varias mujeres en la avenida de Marín, en Cangas