"Hai moitos Valentín Paz Andrade pero todos son coherentes entre sí e xiran en torno a un eixo proteico de diamante que son os seus principios solidarios, progresistas e nacionalistas", dixo Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, no acto celebrado onte no Club FARO adicado a Valentín Paz Andrade en conmemoración do Día Das Letras Galegas. Ao seu carón, na mesa, Xosé Luis Axeitos (arquiveiro da RAG, catedrático do Instituto), Miguel Anxo Seixas (coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega) e Manuel Bragado, director de Edicions Xerais, que fixo o papel de moderador.

Méndez Ferrín, que falou en último lugar, dixo que unha das cousas boas que xeneran as conmemoracións das Letras Galegas era o enriquecemento que adquire a biografía dos homenaxeados ao concitarense tantas reflexions e estudos sobre a misma, "Xa era hora -afirmou- de que llé déramos un Día das Letras Galegas a un promotor empresarial e axitador da economía do país como parte principal da súa polimórfica ou poliédrica biografía, asentada nunha vontade de ferro e unha intelixencia especial".

O presidente da RAG refiriuse a un Paz Andrade "poeta profundo, non ocasional" que suliñaba moito a necesidade dun pensamento económico para o futuro de Galicia. "Castelao –dixo– falaba por boca de Paz Andrade cando trataba en público de grandes temas económicos, igoal que o facía pola de Bóveda cando se refería a grandes temas fiscais porque o gran rianxeiro non tiña que saber de todo como algúns políticos pretenden e tiña a humildade de buscar asesores que sustentaran o seu discurso". Esta afirmación coincidía y complementaba á que fixo na súa intervención Miguel Anxo Seixas referíndose a verquente política de VPA: "Castelao foi voceiro de Paz Andrade en Madrid".

Manuel Bragado

Bragado foi quen, ademáis de presentar ao resto dos ponentes, fixo unha sintese biográfica da vida de Valentín Paz Andrade para situar ao público na dimensión do persoaxe celebrado. "VPA -dixo- foi home de entrecruzamentos, mantivo un talante tan emprendedor como romántico, tan tolerante e solidario como arriscado, tan moderno e cosmopolita como observador nos seus silencios, asumindo sempre os riscos da coherencia entre o seu discurso rico e matizado cunha acción tan intensa como diversa. Concibiu a súa vida ao servizo de Galicia como tarefa, insistindo no presente cunha insistencia no cambio, na modernización, no progreso. VPA demostrou que a posición atenta de escoita e a contradición son unha enorme riqueza que permite facer avanzar os proxectos colectivos".

Lembrou que era membro da Real Academia Galega e que recibiu, entre outras distincións, o Premio Trasalba (1986), a Cruz de San Raimundo de Peñafort (1978), o Pedrón de Ouro (1975) e a Primeira Medalla de Ouro da Cidade de Vigo (1986). "Foi precisamente no acto no que recibíu esta condecoración -explicou- , un ano antes do seu falecemento, cando pronunciou unhas palabras extraordinariamente reveladoras do seu vencello coa cidade de Vigo, como ese motor de Galicia a que Valentín tanto quería: "Se algo son a Vigo llo debo e fólgome moito en recoñecelo así. Vigo reveloume o camiño polo que eu debía marchar, ata queimar as enerxías pola prosperidade de Galiza".

Xosé Luis Axeitos

No seu turno, Xosé Luis Axeitos falou da faceta periodística de Paz Andrade. "Aínda sendo escritor , conferenciante brillante, economista, editor e abogado --dixo-, nunca deixou de ser periodista. É esta a faceta da súa personalidade que mellor define a súa biografía intelectual. E isto é así porque sempre foi consciente de que a comunicación áxil, breve, dialéctica era un elemento esencial do que necesitaba o nacionalismo galego. Acolleuse a este formato do ensaio periodístico, da crónica, desde os seus anos de adolescente coa primeiras colaboracións estudiantís. Segueu nas crónicas da guerra de Marrocos que enviou para El Noroeste e continuou coas colaboracións para o Galicia, El Sol, El Pueblo Gallego, etc".

Explicou Axeitos que mesmo a súa conocida obra Galicia como tarea recolle una conferencia como prólogo e foi publicada por entregas no folletón de La Noche. "A súa particular campaña –dixo– foi converter a Galicia tópica da subsistencia, contemplada como pasado, nun país produtivo onde o mar, a pesca e os seus derivados proxectaran horizontes de futuro. Paz Andrade loitou coas armas da palabra para que este soño persoal ensanchara os horizontes do país e das súas xentes".

O progreso

Recoñoceu Axeitos que non sabía se foi a aureola de progreso e liberdade que exhalaba o periodismo o motivo da súa querencia por este medio ou foi o seu espíritu dialéctico, versátil e cultivado o que o levou ao ensaio periodístico. "De calquera xeito -engadiu-, Paz Andrade e os seus colaboradores galeguistas acadaron no "Galicia" auténtica brillantez na defensa dos seus ideais a través de formas discursivas breves, didácticas. Conocedores do contexto social do seu pobo, ao que se dirixían, instalaron o seu discurso na forma breve do ensaio periodístico e refugaron o tratado doctrinal e académico".

Miguel Anxo Seixas

Para o vicepresidente da Fundación Castelao, "Miguel Anxo Seixas, que fixo no seu turno un repaso biográfico pola vida de VPA, a súa figura "é un sumatorio de moitas cousas que se van enriquecendo e complementando pero, ademáis, é dos que axudaban a sumar, a contar coa xente, cousa máis difícil en Galicia, e non a restar ou dividir. E foi un home de reflexión, que escribiu moito, pero tamén un home de acción. Poderíamos decir que, frente a Galicia que canta, VPA sumou a Galicia que conta, a dos números da economía cara o futuro".

Repasando a súa traxectoria dende a Universidade, falou de cómo despois da etapa periodística como director de "Galicia", descubriu o mundo do mar, "que había unha Galicia do mar además de agraria de gran potencialidade pola que había que traballar".

"Seguindo a outros intelectuais que lle antecederon como Martín Sarmiento, Lucas Labrada, Cornide, Luis Peña Novo ou o mesmo Bóveda impulsou a idea de que en Galicia non soio había que preocuparse da língoa senón do mundo da economía, do financiero, do da enerxía... e que o mar era todo un horizonte de potencialidade nunha Galicia sen fronteiras. Todo iso está no seu libro "Galicia como tarea".

Seixas acabou suliñando a súa verquente política lembrando cómo na Transición Política o úneco representante galego na Plataforma Democrática elexido polo pobo foi il, xa que os outros dous galegos foron de desginación real. "El foi o valedor oficial de Galicia en Madrid durante a construcción da democracia na Transición".