A TVG emite o segundo capítulo que pecha a miniserie histórica "Mar Libre"

Narra unha historia de amor e aventuras na Galicia do século XVIII

Redacción - Vigo

Despois do gran éxito acadado polo primeiro capítulo da mini serie histórica "Mar Libre", hoxe martes emítese ás dez da noite o segundo capítulo que pecha esta produción integramente galega, feita por Ficción Producciones e Televisión de Galicia.

Willian Miller, (Anxo) protagonista da serie, terá que defender aos seus compañeiros da insaciable ambición de poder de Curt, (Ángel Egido) que fará o imposible por conseguir o seu posto na corte e romper a relación de amor da súa filla Montse (María Vázquez) con Anxo.

Paisaxes e duelos

Fermosas paisaxes das nosas costas nunca rodadas e tan ben fotografadas ata a data, duelos de espadas produto de coreografías traballadas durante semanas e unha banda sonora composta por Manu Riveiro, artista de Catoira que contou coa Orquestra de Bratislava para interpretar as súas partituras.

Sen dúbida, un sólido e atractivo produto que co ritmo trepidante da montaxe feita polo seu director, Dani de La Torre, fan desta produción galega unha gran opción para esta noite. "Mar Libre" está, de certo, ao nivel das mellores series nacionais a pesares das grandes diferenzas orzamentarias.

Tracking Pixel Contents