Literatura e ilustracións solidarias
Aspanaex edita un libro para facer realidade a súa residencia asistencial
mar mato - Vigo
Arancha e Raúl teñen un segredo, máis ben, varios. Son capaces de nomealos polas cores que imaxinan como se fosen caramelos de historias. Os dous personaxes non existen, pero poderían ser reais.
O libro "Quéroche contar un conto" (Xerais) deulles o soplo de vida. Tamén o recibiron os seus ilustradores, Adrián Saavedra, Estefanía Galán, Inés Maraleda, Mateo Darriba, Gonzalo Adrover e Ana Belén Fernández.
Os seis, con idades comprendidas entre os 16 e os 32 anos de idade, son membros de Aspanaex e recibiron a encomenda de ilustrar cinco contos dos escritores An Alfaya, Francisco Castro, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos.
"A idea xurdiu de Cristina, unha nai de Aspanaex –lembra Beatriz Macías– que tiña a ilusión de mostra-la capacidade que teñen as persoas con discapacidade intelectual. Propúxolle a cinco escritores galegos facer un conto para un libro. Despois, as profesoras Carmen e María José léronos ós rapaces que foron debuxando".
O resultado é "un libro sinxelo onde hai moito amor, cariño e entrega. O bonito foi ve-la simbiose dos dous traballos", explica An Alfaya quen recorda que "non o pensei dúas veces" á hora de dá-lo si a esta iniciativa "altruísta".
A obra inclúe relatos e fábulas como "Unha amiga secreta", de Fernández Paz, unha historia sobre Nerea, unha serea minúscula, que se convirte nunha Sherezade na vida da nena Branca.
En "Cousas que facer un día de chuvia", Irene Pérez Pintos plantexa unha chea de cousas que facer para liberarse do que molesta co gallo de disfrutar do son da chuvia e da imaxinación dunha tarde con "ás con plumas brancas".
Presentación, hoxe
O conxunto de relatos, editados por Xerais, atópase xa nas librerías pero terá hoxe a súa presentación no MARCO, a partir das 12.00 horas. Cun prezo de oito euros e 2.000 exemplares á venda, Aspanaex confía en recaudar fondos para o seu servizo asistencial do ano vindeiro así como para o seu proxecto de crear en Vigo unha residencia para a xente á que ofrecen atención.
A idea agora é acolle-la nas instalacións da asociación, na zona dos invernadoiros, para o que precisan un cambio puntual de normas urbanísticas por parte do Concello. Respecto do 2011, Beatriz Macías recoñeceu o seu "medo" á disminución de subvencións, despois dun ano no que xa tiveron que "reestrutura-los recursos humanos".
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- No era Carlo Costanzia: el miembro de la familia Campos que podría fichar por 'Supervivientes 2025
- Portugal lanza una alerta por lluvia, viento e inundaciones que llega a Galicia
- Retiran la incapacidad absoluta a un operario del Náutico de Vigo con mieloma: «Puede trabajar en ambientes sin contaminación»
- Aparece muerto flotando en el muelle de Aldán
- Vigo desvela las fechas de la Fiesta de la Reconquista 2025
- La «maravilla natural» que National Geographic recomienda visitar en 2025 está en Vigo: «Parece sacado de un cuento»
- Un buque de Grimaldi pide asistencia entrando en Vigo al quedarse sin motor frente a Monteferro