"Unha novela é completa cando me entretén, me fai aprender algo e me fai pensar"
"Galicia leva un ritmo económico, cultural e social frenético"

Santiago Lopo co seu libro, "Peaxes". / Carlos Pereira
a. saá - Vigo
Tras Game over, Santiago Lopo volve sumerxirse na literatura galega co seu último libro, Peaxes, que conta a historia dun caixeiro de peaxe de autoestrada que bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío e fuxe da soidade do seu traballo a través da vida doutros. Trátase dun libro áxil, con moito ritmo e cun final que o propio autor define como "apoteósico".
–Como converte a un caixeiro de peaxe en protagonista do seu libro?
–En Vigo a peaxe sempre está presente e cando paso por Rande sempre me pregunto como se vivirá nesa cabina pequena. Debe ser un traballo estresante e pouco agradable. O caixeiro de Peaxes comeza a imaxinar como sería a vida dos seus clientes para fuxir da súa realidade claustrofóbica e crea un microcosmos coas conversas que escoita en cada un dos coches e os obxectos que observa nos seus vehículos.
–Como diferencia e identifica o caixeiro a cada unha das persoas que van nos coches?
–Todos os que por alí pasan teñen unha historia e, como ten problemas para coñecer o seu nome, decide chamarlles polo seu modelo de coche: Ibiza, Golfiña... O mundo que imaxina vaise ir calificando e vai topar de fronte con el.
–Di no seu libro que conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas. A que Galicias se refire?
–Ademais das relacións cos personaxes, o protagonista ten unha serie de reflexións. Hai cobradores do frac, coches con remolque... Cando pasan todos eles escribe unha reflexión sobre o loco que está o mundo e analiza a sociedade segundo as persoas que pasan pola peaxe.
–E como observa a Galicia actual?
–Galicia ten na actualidade moitas características diferentes. Nos últimos anos a presenza de inmigrantes dalle un tono cosmopolita. A rexión leva un ritmo económico, cultural e social frenético.
–Defínese como un relato áxil que acelera nas curvas perigosas. Estamos ante un libro con acción?
–É unha novela cun estilo áxil e con moito ritmo. A acción é fundamental e a relación coas persoas levará a un final apoteósico. Funciona moi ben co público de calquera idade.
–Comezou traducindo guións cinematográficos. A novela garda relación co cine?
–Nesta obra hai algunha referencia ao cine e tamén á banda deseñada porque me gusta que quede unha imaxe na retina. Ademais, as pegadas fotográficas tamén fan imaxinar ao lector porque non hai que darlle a todo un tratado filosófico.
–Que é o fundamental para que unha novela funcione?
–Para min un novela está completa cando me entretén, me fai aprender algo e me fai pensar. Esta é unha novela curta que está moi traballada e penso que pode aportar algo ao lector. Xogo moito coas imaxes poéticas
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»
- Lleva el coche a un taller de Vigo y se incendia cuando lo probaban tras repararlo
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- Cesan a todos los empleados de mantenimiento de Vialia: «No quieren que nos sindiquemos»
- Herido un menor tras ser atropellado cuando cruzaba un paso de cebra en la calle Doutor Carracido, en Vigo
- El patrón de un pesquero de Bueu, herido grave en una mano tras estallarle una bengala
- Hasta 10.000 euros de multa por hacer esto con tu perro durante los paseos
- Una «tablet» obliga a un avión a realizar un aterrizaje de emergencia en Oporto