Os membros da Fundación Premios da Crítica acordaron nomear, por unanimidade, Galego Egrexio 2007 ao científico Ramón Cacabelos García, "por ser figura senlleira no eido da investigación científica, particularmente na loita da enfermedade de Alzheimer", di a acta.

Ademais destaca a fundación que o investigador, director do Centro de Investigación Biomédica EuroEspes e presidente da Sociedade Española de Mediciña Genómica, é "un intelectual extraordinario". Nel, engade a entidade, "concorren categoría e méritos que dan conta de todos os fitos acadados o longo dunha traxectoria vital o servicio da mediciña, con recoñecemento internacional".

Recorda tamén que Cacabelos apostou por Galicia ao implantar en Bergondo (A Coruña) o centro de investigación que dirixe, que califica de "entidade de referencia internacional no tratamento das enfermidades do sistema nervioso".

A fundación anunciou onte este premio e aos 42 membros do xurado dos Premios da Crítica -sete por cada categoría (creación literaria, ensaio, investigación, artes e ciencias da representación, música e iniciativas culturais)-, que se darán a coñecer o 28 de abril. O acto de entrega terá lugar o 5 de maio.