-People. "Simplemente, é o final dunha historia de amor", destaca o seu director David Porto, quen presenta unha parella formada por un matón (Tonhito de Poi) e unha prostituta.

-Lady Lazarus. "Interesábame falar da maternidade e da perda dun fillo e do que provoca nunha parella", reflexiona Isaura Docampo. No trasfondo, unha homenaxe á poeta Sylvia Plath quen se suicidou trala perda dun fillo e a separación do seu amor.

-Un metro cadrado. Neste documental, Beatriz Vázquez reflexiona sobre o problema da vivenda. "O máis interesante é que deixa un poso positivo de que sempre hai outras formas de vida que non pasan polo consumo".

-Estación decembro. "É unha historia de amor, explica Martín Rodríguez, e a falta de comunicación entre dúas persoas".

-Héroe. "Trata do encontro entre un soldado soviético na II Guerra Mundial e un neno", explica Oscar Galansky. "O neno confunde o soldado co heroe que lle gustaría ser. Quería contar que para loitar contra a violencia hai que usar a razón".

-Lembrar. Nesta curta, Tomás Alonso mostra "a relación entre pais e fillos co tema da enfermidade (o Alzheimer, neste caso) polo medio. Ti durante toda a vida recibiches dos teus pais e iso é unha débeda que, nalgún momento, terás que devolver".

-A cidade perdida. Miguel Ángel Romero reflexiona sobre a perda de identidade da sociedade actual a través do panorama arquitectónico das cidades.