Antón Reixa (Vigo, 1957) é un artista polifacético, "multimedia", din algunhas biografías. Desde os anos 80 ata agora, ten imposto a súa pegada no audiovisual como actor, produtor, guionista e mesmo director. Neste último edido, presentaba onte no

X Festival de Málaga a súa última obra, "Hotel Tívoli". O filme, un canto ao amor, poderase ver nos cinemas en maio.

- Moitas películas comezan a partir dun feito, dun personaxe. Para "Hotel Tívoli", vostede apostou por un obxecto.

- Son case unha ducia de historias de amor, paixón e casualidade a partir dun chisqueiro que, de man en man, percorre un cacho do mundo. Rodamos en catro países xa que a película é unha coprodución entre Galica e Portugal, Dinamarca e Arxentina.

- En "Galatasaray-Depor", da que foi produtor, presentábanse catro historias co gallo dun partido de fútbol. ¿Quedoulle o gusto por este tipo de formato narrativo?

- Quero pensar que o gran tema en "Hotel Tívoli" ten que ver co amor. É algo constante en tódolos casos como o choque cultural. Por exemplo, a relación entre unha arxentina e un alemán, unha emigrante galega e un emigrante portugués en Londres.

- ¿Con que predisposición hai que ver "Hotel Tívoli"? ¿Imos chorar, rir?

- Fundamentalmente, é unha comedia na que eu creo que, curiosamente, saen mellor paradas as mulleres das relacións de paixón.

- O feito de que o filme fose seleccionado para o Festival de Málaga supoño que lle dá un engado especial.

- É un festival importante na escea; está moi especializado nas novidades do cinema español e é un punto de encontro no que hai moitos espectadores que enchen as salas. Iso é moi importante porque é un bo test, aínda que o público de Málaga ten fama de ser xeneroso. Aínda así, é unha boa percha para promocionar as películas.

- Non é novo nestes lares do celuloide. Anos atrás xa foi director de "O lapis do carpinteiro". Supoño que a estrea de "Hotel Tívoli" a estará a levar tranquilo.

- Síntome asustado.

- ¿Está a falar en serio?

- Teño un susto que non me dou quitado do corpo. Xa o tiña como cantante, como poeta... Dáme moitísmo respeto o que pense a xente da película. Aos artistas, ao final, gústanos gustar, traballamos para gustar e iso provoca certa ansiedade.

- Non obstante, xoga con vantaxe porque moitos dos actores cos que traballou para esta cinta son vellos coñecidos e amigos seus. ¿Que historia lles elixiu para cada un?

- Mabel Rivera fai dunha pensionaista galega que de excursión en Bilbao coñece a outro xubilado de Madrid visitando o Gugenheim. Marta Larralde mantén unha relación por Internet cun finacieiro español que fala desde un hotel de Lisboa. Despois, Carlos Banco fai de abogado en Madrid. Atópase cunha abogada danesa e traballan xuntos varios días ata que teñen un encontro moi forte nun ascensor.

- ¿E Luis Tosar?

- Luis Tosar é un galego que traballa como músico nun transantlántico que navega polo Báltico. (A bordo), namórase dunha esquimal e monta un karaoke. Gran parte destas historias teñen un sustrato real.