Eduardo Rolland, xornalista de FARO DE VIGO, gañou onte o III Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego para textos en lingua galega polo seu artigo "O galego dos sioux", publicado neste xornal o 11 de decembro de 2005. Vintenove traballos concurriron a este galardón, convocado por Caixanova e dotado con 12.000 euros. O xurado fallou tamén o XXVII Premio de Periodismo Julio Camba, que este ano recaeu no filósofo Fernando Savater por "¡Te daba así!", publicado en "El País" o 31 de outubro do pasado ano.

Eduardo Rolland (Vigo, 1969), redactor do diario decano dende hai quince anos, recoñeceu onte que a noticia do premio colleuno por sorpresa mentres traballaba, e asegurou que é un "inmenso honor" obter un premio que leva o nome de Francisco Fernández del Riego, do que dixo: "É un nombre capital da cultura galega e un vigués de pura cepa, aínda que non nacera aquí".

O xornalista asegurou que este premio contribúe a fomentar o uso do galego nos medios de comunicación e noutros eidos. Neste senso, Rolland recoñeceu que preparando o libro que presentará en breve, "Galicia en guerra", sorprendeuse de que traducir o termo "blietzkrieg" (en castelán guerra relámpago) ó galego ("gerra lóstrego") resultoulle extrano, o que indica que en certos eidos o uso do galego non está aínda normalizado.