O cantante Marc Parrot visita hoxeo plató de "Máxima audiencia"
Redacción / VIGO
O presentador e actor Manuel Manquiña recibirá en "Máxima audiencia" dúas visitas excepcionais, dun lado o músico que fora o célebre Chaval da Peca, Marc Parrot, e tamén ao profesor Jorge Mira, dentro dun clímax no que reinará o humor satírico. Para empezar a noite de "Máxima audiencia" contarase cun músico de sólida traxectoria profesional, Marc Parrot, que volve a súa auténtica personalidade logo da exitosa aventura que supuxo a súa creación de O chaval da Peca. Parrot, que cansou un día deste personaxe, colgou os pantalóns de campá e as gafas de mosca para volver cun novo disco titulado "Dos maletas" e que presentará neste programa.
Doutro lado ben distinto, Manquiña conversará cun dos investigadores máis peculiares de Galicia, o profesor Jorge Mira, que mantén que o idioma galego desaparecerá antes do ano 2100, unha polémica teoría que o fixo famoso, xunto a outras sobre a temperatura do inferno ou as estatísticas de goles en función das porterías.
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- Adiós al hijo de Carmen Borrego en 'GH DÚO' tras solo unos días en la casa: «Demandando»
- «Opero unos mil tumores de pulmón al año»
- Adiós a pasar la ITV a las motos en 2025: el Gobierno aprueba la medida
- Vigo y A Coruña, incomunicadas por carretera después del atardecer
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes
- El Chuvi extrae un tumor del corazón sin abrir el pecho por primera vez en España
- Abre en Galicia un aparcamiento para camiones pionero en España