O cantante Coque Malla e o escultor Paco Pestana, en "Máxima audiencia"

Redacción / VIGO

O plató de "Máxima audiencia" recibe hoxe ao artista-confesor revelación que é o escultor lugués Paco Pestana, ao que lle dará entrada o condutor do programa, Manuel Manquiña. Ante o presentador, Pestana amosará as súas dotes para a improvisación, unidas a unha imaxinación desbordante.

A música, coma sempre en directo, estará a cargo dun dos grandes grupos dos anos oitenta, Los Ronaldos, que, despois de terse xuntado para facer unha pequena xira, actuarán neste plató nunha das contadas aparicións que farán antes de disolverse.

Tracking Pixel Contents