A Cidade da Cultura, o proxecto estrela do Goberno de Manuel Fraga sufrirá algunhas variacións, aínda que a conselleira de Cultura non adiantou demasiados detalles. Si explicou, nembargantes, que o novo Executivo vai "estudiar e repensar os prazos, os contidos e os seus usos". Bugallo insistiu neste último punto, xa que entende que "a Cidade da Cultura ha de ter un uso para os que vivimos en Galicia" e ó mesmo tempo "ser un referente para quen nos visite".

As obras da Cidade da Cultura, deseñada polo arquitecto Peter Eisenman, será así "replantexada"", en verbas da conselleira. En posteriores declaracións ós medios explicou que o que pretende a Xunta é que "sexa un elemento que toda a sociedade galega entenda para que sirva e que sirva realmente".

"Pensamos que é necesario dotala dun proxecto cultural que sexa un referente de Galicia fóra e que sexa ese lugar que posibilite o potencial de creación deste país se poida expandir", engadíu.

Tamén advertíu que este "replantexamento" terá unhas bases. Así, anunciou que, para actuar con "seriedade", primeiro contactarase co mundo da cultura para, "nos próximos meses", poder ir comentando "en que consistirá esta redefinición".