06 de febrero de 2008
06.02.2008

"O mundo ou é de todos ou non é mundo"

06.02.2008 | 01:00

- Ao seu xuízo, que propostas viables por parte da Xunta darían un pulo ás artes escénicas na comunidade galega?
- Primeiro, (a Xunta) debería apostar pola estabilidade das compañías. Non falo de potenciar 60.000 agrupacións senón de apostar polas que están consolidadas e teñen unha liña concreta. En canto á rede de teatros, debería potenciar que as compañías poidan estar varios días na mesma praza. Agora, en xeral, só actúan un día e se perdiches a actuación xa non tes posibilidade de ver ese espectáculo. Logo, tamén está o de apostar polos novos creadores.
- Voltando de novo a "Emigrados", non sei se sufriu tanto como os seus personaxes á hora de escribir a obra.
- Eu mesmo son fillo de emigrantes en Alemaña, a miña infancia foi coa miña nai e a miña avoa; case non vivín co meu pai e síntome moi cercano ás historias que presentamos na obra.
- E ademais tamén ten moralexa.
- É importante que unha sociedade coma a nosa que viviu o problema da emigración nas súas carnes sexa tolerante. Iso foi un dos motores que nos levou a escribir para que a xente nova saiba o que pasou aquí. Onte (pola noite do luns) na entrega dos Max dixen que non quería compartir o premio con que poña muros e arames. O mundo ou é de todos ou non é mundo e ese foi o pretexto que tomamos para escribir esta historia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook