Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928), na Fundación que leva o seu nome /Eli Regueira

O escritor cruceño Xosé Neira Vilas acaba de falecer esta mañá na súa vivenda de Gres. O autor de "Memorias dun neno labrego" mantiña unha carreira literaria ainda en activo, acababa de presentar a súa última novela o pasado día 15 e o seu próximo proxecto era a estrea da adaptación teatral de "Querido Tomás", prevista para o vindeiro 8 de xaneiro en Santiago de Compostela. Neira Vilas estaba pendente de falar o premio Arume de poesía para nenos, que concede a fundación que leva o seu nome.

Neira Vilas naceu en Gres o 3 de novembro de 1928. Aos 21 anos emigrou a Buenos Aires, onde coñeceu á escritora cubana Anisia Miranda. O matrimonio desenvolveu unha intensa labor cultural vinculada a Galicia tanto durante a súa estancia en Buenos Aires como posteriormente cando se trasladaron a Cuba. Xa jubilados, instaláronse na localidade natal de Neira Vilas en 1992, onde puxeron en marcha a citada Fundación Xosé Neira Vilas, unha das entidades máis dinamizadoras da comarca. Anisia Miranda faleceu en outubro de 2009.

GALERÍA | Neira Vilas, nunha imaxe recente/ Retrato de Balbino por Isaac Díaz Pardo/ Neira Vilas, na redacción de Zunzún en Cuba

Doctor Honoris Causa poa Universidad de A Coruña, membro da Real Academia Galega, Premio da Crítica Española e da Crítica Galega, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, Celanova dos Poetas.... O autor do primeiro "best seller" gallego obtivo ao longo da súa traxectoria multitude de recoñecementos.

A homenaxe póstuma será no Panteón de Galegos Ilustres, onde o mundo da cultura e a política vela os seus restos mortais dende as seis da tarde de hoxe. O enterro terá lugar mañá ás 17:30 horas na súa parroquia de Gres (Vila de Cruces), onde o Concello declarou dous días de loito oficial.

Familiares e achegados, como o escritor Víctor Freixanes e o alcalde Jesús Otero, achegárosnse esta mañá a casa do escritor. //Bernabé