A Real Academia Galega organizou en Tui unha emotiva homenaxe no centenario do nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez, a quen significaron como extraordinaria figura literaria. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro pediu disculpas á familia polo deslexo político do Concello de non acoller a biblioteca do persoeiro tudense, que se ofertara ao anterior rexidor. O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero abriu as intervencións sobre este "auténtico polígrafo co que mantiña moitas afinidades". A académica Margarita Ledo moderou o acto e desexou que "nunca se tronce o fío do pensamento, da historia da nación". A profesora da Universidade de Vigo, Ana Acuña intervíu sobre as valoracións dos investigadores nas facetas de narrador, ensaísta e difusor cultural e amosou desexos para o ano 2115. O fillo do homenajeado, Xosé Mª Álvarez Cáccamo disertou sobre o poemario Canle Segredo e o académico Darío Xohán Cabana lembróu o persoeiro como "mestre da mocidade".