"O Mestre Mateo pasou da historia ao mito para converterse nun personaxe do noso imaxinario". Por ese motivo, o escultor responsable do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago -insigne sinal de identidade da arte galega- será homenaxeado no primeiro Día das Artes Galegas.

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará o vindeiro martes, día 31, un acto conmemorativo polo este primero Día das Artes Galegas na capela do Hostal dos Reis Católicos. O 1 de abril é o día escollido para festexar esta efeméride, co obxecto de sensibilizar á sociedade do valor patrimonial da cultura de Galicia, que nesta primeira edición de 2015 se celebra antes pola proximidade da Semana Santa. A data foi elixida por aparecer no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria, un conxunto escultórico do Mestre Mateo que representa todas as artes.

José Carlos Valle Pérez, académico de Belas Artes e director do Museo de Pontevedra, fará unha exposición sobre a figura do Mestre Mateo, froito dunha investigación históricada obra do arquitecto e escultor. Alude ao seu autorretrato no Santo dos Croques, de costas ao Pórtico da Gloria, onde os peregrinos golpean as súas cabezas. O presidente, Manuel Quintana Martelo, subliña que os fins da Academia son resaltar o "estudo, salvagarda e promoción das artes e o patrimio cultural galego".