Avogado, alcalde, historiador, divulgador, ensaísta, poeta, narrador, coñecedor da arqueoloxía, o arte ou o folclore... O extenso campo de traballo de Xosé Filgueira Valverde (1906-1996) resultou fundamental á hora de que a Real Academia Galega decidise adicarlle o Día das Letras Galegas deste ano, premiando a súa contribución á defensa da cultura galega, tarefa que plasmou en versos coma o que lembrou o seu fillo Fernando durante un recente acto: "porque non chega a morte á fonte das cantigas".

O premiado racha co perfil habitual de autor adicado exclusivamente á produción literaria para ofrecer un perfil multidisciplinar, situándose no cerne dalgúns dos momentos clave do impulso da cultura galega, por exemplo, participando na creación no 1923 do Seminario de Estudos Galegos, do Museo de Pontevedra, que dirixíu entre 1940 e 1986, ou do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, que presidíu no 1972.

Os actos programados pola Secretaraía Xeral de Política Lingüística para conmemorar este ano e divulgar a figura de Filgueira inciden precisamente nesa multitude de campos nos que se moveu, polo que abranguerán as exposicións tradicionais, con alusión ao folclore e á súa obra, publicacións, concertos... Esa hiperactividade foi resumida polo escritor Salvador García Bodaño: "Sería, realmente, difícil achar un eido do saber humanista a onde Xosé Filgueira Valverde non tivese chegado coa súa insaciable curiosidade".

| "Filgueira, un faro na construcción de Galicia". Baixo este nome o Museo provincial de Pontevedra, que dirixíu o propio Filgueira, acolle a maior exposición dos actos programados pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Real Academia Galega, entre outras institucións. Dar a coñecer a vida e a obra do homenaxeado resulta o obxectivo dunha mostra comisariada por Carlos Valle que permanecerá na cidade do Lérez entre o 24 de abril e o 24 de maio. Rematado este prazo, comezará un percorrido por outros 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística, entre os que se atopan Vigo, Redondela, Cambados, O Porriño, Marín ou Lalín, entre outros.

| Actividades paralelas. A exposición central do ano, que situará a Pontevedra como epicentro, pretende involucrar a maior parte da sociedade, polo que incluirá visitas guiadas para grupos, visitas comentadas a través do sexto edificio do museo provincial sobre o impacto de Filgueira nas coleccións permanentes do mesmo -entre abril e decembro- e incluso unha xincana escolar. Esta terá lugar nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística de Melide, Cee, Oleiros, Boqueixón, Ponteceso, Foz, O Carballiño e O Barco de Valdeorras.

| O 17 de maio. Como cada ano, a Real Academia Galega celebrará unha sesión extraordinaria adicada ao persoeiro homenaxeado, que desta volta terá lugar en Pontevedra e que se completará cun acto poético musical no mosteiro de Armenteira o 30 de agosto sobre a Cantiga 103 de Santa María, estudada por Filgueira durante boa parte da súa traxectoria.Tamén organizará no nadal un simposio sobre a súa figura.

| Cidade da Cultura. O complexo do Monte Gaiás de Compostela acollerá tamén actos vinculados á difusión do legado de Filgueira. En primeiro lugar, o Arquivo de Galicia rendiralle tributo ao seu interese pola literatura medieval coa exposición Poesía galega postrobadoresca: o cancioneiro de Afonso Páez, unha pequena mostra de poemas en galego entre finais do século XIV e comezos do XV pertencentes ao arquivo da familia Pita da Veiga. Ademais, a Cidade da Cultura tamén celebrará un acto o propio 17 de maio, data na que se conmemora a celebración das letras galegas en homenaxe á publicación da primeira edición do Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Trátase dunha conexión entre a obra de Filgueira e a exposición sobre o Camiño de Santiago que este ano acollerá o museo do complexo para "pór en valor a súa tarefa" arredor da ruta xacobea e a cidade de Santiago, segundo o departamento de Román Rodríguez. Tamén acollerá a Biblioteca de Galicia a exposición Xosé Fernando Filgueira Valverde, vida e obra entre o 1 de abril e o 31 de maio e un obradoiro para nenos.

| Música e folclore. Filgueira destacou durante a súa traxectoria polo interese por moitas capas da cultura. A programación do Día das Letras Galegas contempla acenos cara esta particulariedade do autor. O Museo de Pontevedra albergará o 18 de abril un concerto do zanfonista Germán Díaz, homenaxeando así un centro no que se conserva o instrumento de Perfecto Feijoo. Además, os días 3 e 4 de xullo o ciclo anual de música antiga nas ruínas de San Domingos optarase por un concerto sobre lírica medieval a través do cuarteto Musicantes e do dúo Emilio Villalba e Sara Marina. Tamén haberá teatro. Loxicamente, representarase unha obra de Filgueira. Terá lugar no sexto edificio do museo o día antes da celebración do Día das Letras e será o grupo Arume o que se encargará de dar a súa versión de Agromar, unha obra escrita no 1936 baixo o pseudónimo de J. Acuña. Ademais, a programación incorporará o edificio Sarmiento do museo pontevedrés, que albergará en xuño unha mostra sobre etnografía e traxes tradicionais baixo o título Vestidos con pincel, cosidos con agullas, "atendendo ao interese que demostrou Filgueira" neste campo, segundo a Consellería de Cultura, que colabora coa Deputación de Pontevedra neste eido, así como coa propia Fundación Filgueira Valverde, presidida polo fillo do autor e que conta cunha web adicada á súa figura no enderezo www.filgueiravalverde.gal. Tamén o Consello da Cultura Galega optará pola vertente musical, coa quinta edición do Concerto das Letras Galegas o día 16 de maio, no que estreará unha obra musical baseada nun texto de Filgueira Valverde e no que se musicarán versos seus, de Rosalía e de Curros Enríquez.

| Bibliotecas e escolas. Política Lingüística distriburá carteis divulgativos nos centros escolares realizados polos alumnos dos colexios Río Lérez de Pontevedra e Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal, gañadores do concurso anual sobre a materia que convoca. Ademais, os profesores recibirán xornadas formativas sobre a figura de Filgueira e aportarase información dixital para o programa Abalar,Tamén se realizarán xogos e exposicións en bibliotecas públicas de Vigo, Pontevedra, Santiago Ourense, Lugo e A Coruña.

| Xogos. O día antes do 17 de maio organizaranse no museo de Pontevedra xogos para nenos durante todo o día, así como unha noite adicada ao diario secreto do museo a partir das 22.00 horas. O día da celebración a deputación entregaralle libros á cidadanía.