A Casa da Cultura de Vigo acollerá unha exposición de Álvarez Blázquez que abrirá a mediados de abril, con pezas do legado da Fundación Penzol e tamén material audiovisual, confirmou onte o director Francisco Domínguez.

Xa durante na homenaxe, Cáccamo realizou unha viaxe ao pasado do seu pai en Tui, pasando pola súa infancia en Baión, á que dedicou varias composicións, e pola súa etapa como estudante de Maxisterio en Pontevedra, que tivo que interromper tras estalar a guerra divil. A vida de Álvarez Blázquez estivo marcada pola súa relación con outros galeguistas como Alexandre Bóveda, que era o seu primo político, e o seu introductor nesa ideoloxía e tamén Juan Vidal, con quen fundou revista "Cristal", de corte vanguardista e coa que colaborou García Lorca cun soneto inédito. Cáccamo afondou na memoria histórica para recobrar parte da súa historia familiar.

"Algúns autores non morren nunca", indicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero na súa intervención, facendo relación á permanenza da obra de Blázquez.

"Sempre será vigués"

"Queremos que a cidade veña a coñecer a aquel cronista oficial, aquela persoa que fixo de Vigo un dos seus grandes motivos, tanto da investigación como da literatura. Así que Álvarez Blázquez sempre será vigués".