Teimoso, esperanzado, futurizo". Velaí os principais rasgos do carácter de Filgueira Valverde nun retrato autobiográfico. Con esas tres cualidades, o erudito pontevedrés daba resposta á pregunta dunha entrevista realizada en 1984 en FARO, diario no que asinaba páxinas culturais. As súas crónicas de "Adral" -recompiladas en varios libros- son mostra dun gran bagaxe cultural Tanto é así que onte o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, dixo de Filgueira Valverde que é o último "polígrafo" logo de Otero Pedrayo no senso do saber enciclopédico. "Ten moitas características que nos temos que esforzar en facer chegar aos estamentos cultos de Galicia", asegurou Montero.

Así, na súa produción figuran o libro de relatos Os nenos (1925) e a semblanza O vigairo (1927); o texto teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936), de novo asinada por J. Acuña; as antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle composicións do medievo e etapas posteriores que fan referencia á capital galega, ou o volume de prosas literarias Quintana viva (1971).