"A edición do 89, que eu fixen co mesmo Díaz Castro é a que vale, non a de 2006 de Galaxia que non tivo en conta a nosa non sei porqué se basou na primeira do 61, a pesares de que logo había sido rectificada por Díaz Castro". Con esa afirmación González Tosar, para o que Díaz Castro era un intelectual de envergadura aínda que parecera un paisano normal, deu paso a Méndez Ferrín.

"Aínda que a súa obra en verso sexa pequena-dixo Ferrín- é unha das grandes voces contemporáneas da nosa poesía. Máis pequena era a de Martín Códax e non por iso deixa de ser un autor universal". O ex presidente da RAG e autor celebrado suliñou a relación de Díaz Castro con Vigo. " A súa obra -dixo- está unida a esta cidade dunha forma moi especial. Non só porque esta era a base editorial. Tamén porque Ramón González Alegre publicou colaboracións dil na súa revista 'Alba".

Ferrín recordó que contaba el mismo González Alegre que un día paseando por Pontevedra atopouse con Iglesias Alvariño e lle recomendou a un 'espléndido' poeta galego que vivía en Madrid. Así coñoceu a Díaz Castro e nos o coñocimos despois cando apareceu a súa primeira colaboración nesa revista viguesa. Ignorabamos nese tempo que xa publicara en 1946 "Nacido dun sono" en Vilagarcía, e que tiña o premio "Cidade de Betanzos".

Ferrín fixo unha semblanza histórica do proceso de recoñocemente a Díaz Castro, no que considerou que Del Riego coa súa "escolma de poesía galega" foi vital no 1956. "Hai un consenso xeral -dixo- sobre a grandeza da súa poesía, celebrada polos que viven a literatura galega".