12 de octubre de 2013
12.10.2013

"A literatura galega medieval tivo unha dimensión europea"

Autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos e colaborador de FARO, publica o primeiro dos catro volúmes de que constará "Historia da Literatura Galega" (Xerais)

12.10.2013 | 19:03
Xosé Ramón Pena, no xardin das instalaciones centrais de FARO.// Eli Regueira

XOSÉ RAMÓN PENA - Escritor e investigador literario

-Cando, como, baixo que circunstancias e feitos concretos podemos falar, con propiedade, do nacemento da literatura galega e/ou en galego?

-É unha pregunta certamente complicada de respostar en tanto en canto hai que diferenciar entre o que era Galicia fai centos de anos e o que é Galicia hoxe. Se aceptamos o criterio filolóxico estricto, e entendemos que a literatura galega é a escrita en galego, a resposta sería que a nosa literatura nace no século XV porque foi a partires dese século cando podemos decir que existe o galego, que existe a Galicia actual e que existen uns autores, un público e unha área de difusión, isto é, un campo literario propio. Agora ben, tamén debemos ter en conta que a literatura é unha herdanza cultural e, polo tanto, se nos atinximos a isto, é evidente que antes do século XV, e hai que remontarse á Idade Media, Galicia xa existía, o que ocorre é que estaba integrada nun espazo máis amplo, ao que convencionalmente chamamos galego-portugués.










Siga leyendo la noticia en Orbyt, o suscríbase a Faro de Vigo y tenga acceso completo a todas nuestras noticias sin límites.


Compartir en Twitter
Compartir en Facebook