23 de junio de 2012
23.06.2012

A RAG adicará o Día das Letras 2013 ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño

O pleno da Academia decidiu por maoiría o nome do autor teatral santiagués, que viña avalado polos académicos Euloxio Ruibal e Margarita Ledo e o propio sector teatral

23.06.2012 | 08:40
O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. // Fdv

Nin Xosé Filgueira Valverde, nin Carlos Casares, nin Ben-Cho-Shey. Ningunha destas candidaturas prosperaron. Nin a do poeta berciano Antonio Fernández y Morales, tan querido para o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín, que o propuxo unha vez máis. Ao final dun logo debate entre os académicos, impúxose no pleno o nome do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño para ser homenaxeado o Día das Letras Galegas 2013.
A candidatura de Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) chegou ao plenario da RAG avalada por nomes como o doutro dramaturgo, Euloxio Ruibal, e da catedrática de Coimunicación Audiovisual Margarita Ledo, que fixeron onte un encendido eloxio da súa figura. Tamén recibiu o pasado xoves o apopio público de medio centenar de asociacións e institucións dos ámbitos escénico e cultural, además de oitocentas firmas.
"É unha figura imprescindible para comprender a dimensión do teatro galego e, xa que logo, do noso sistema literario", segundo a RAG, que destacou a prolixa produción literaria de Vidal Bolaño, "sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable".
A produción de Vidal Bolaño "caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política", sinalou a RAG. "É considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX", engadiu.
"Por enriba de todo, Roberto Vidal Bolaño foi un extraordinario escritor. ", afirma a Academia. A produción de Vidal Bolaño caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, "pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua", di a RAG. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético. Todos os estudosos coinciden en salientar a súa constante preocupación pola experimentación, por dialogar coa tradición culta e popular, literaria e histórica, social e política. Vidal Bolaño non é só un autor imprescindible para o noso sistema literario, senón que é considerado un dos dramaturgos europeos máis importantes do último cuarto do século XX. "É indiscutible a importancia da figura de Roberto Vidal Bolaño para o teatro nacional galego", opina a Academia.
Un excelente actor
Pero Vidal Bolaño non so foi un home de teatro (traballou na produción, dirección á iluminación). Tamén foi "un excelente actor e un dos pioneiros da produción audiovisual en Galicia". O seu traballo como director e como guionista, aínda que non chega á dimensión do seu labor dramático, tamén merece unha consideración especial polas liñas que deixou trazadas para o desenvolvemento dun campo audiovisual galego, sostén a Academia.
Vidal Bolaño é autor de obras como "Laudamuco, señor de ningures" (1976), "Bailadela da morte ditosa" (1980), "Agasallo de sombras" (1992), "Días sen gloria" (1992), "Saxo tenor" (1993) ou "As actas escuras" (1994), a meirande parte delas levadas aos escenarios.
Por outra banda, o plenario da RAG acordou así mesmo nomear académico de honra electo a Arcadio López Casanova (Lugo, 1942), profesor titular de Filoloxía Española na Universidade de Valencia; e académicos correspondentes a Xosé Manuel González Herrán, Luz Méndez, Fernando Ramallo Fernández, Olivia Rodríguez González, Goretti Sanmartín Rei e Xavier Vence Deza.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook